O Dépor anuncia unha xira de oito partidos de pretemporada en Galicia

|

Entrenamientoabeondo


O Deportivo comezará a preparación para a súa cuarta campaña consecutiva en Primeira División o mércores 5 de xullo, nunha pretemporada para a que xa confirmou a disputa de oito encontros amigables, todos fronte a equipos galegos.


O persoal deportivista regresará ao traballo o mércores 5 de xullo. Pola mañá pasarán recoñecemento médico e esa mesma tarde comezarán o traballo de campo na Cidade Deportiva de Abegondo.


O conxunto branquiazul disputará o seu primeiro encontro unha semana máis tarde, o xoves 13 de xullo fronte ao Racing Vilalbés no campo da Magdalena. O partido na capital da Terra Chá, punto de partida habitual dos amigables de pretemporada (en 15 ocasións entre 1990 e 2007), non abre o verán deportivista desde hai xusto unha década, aínda que tamén se disputou en 4 dos últimos 10 anos.


Dos oito rivais, os seis primeiros xogarán o próximo curso en Terceira División (Vilalbés, Arousa, Silva, Cerceda, Somozas e Bergantiños) e os dous últimos, dentro da cuarta semana de traballo, farano en Segunda División B (Pontevedra e Racing de Ferrol).


Estes son os partidos confirmados ata o momento para a pretemporada do primeiro equipo deportivista:


13 de xullo: Racing Vilalbés - Deportivo (A Magdalena, Vilalba)

14 de xullo: Arousa - Deportivo (A Lomba, Vilagarcía de Arousa)

15 de xullo: Silva - Deportivo (Campus Universitario de Elviña, A Coruña)

18 de xullo: Cerceda - Deportivo (O Roxo, Cerceda)

20 de xullo: Somozas - Deportivo (Manuel Candocia, Somozas)

22 de xullo: Bergantiños - Deportivo (As Eiroas, Carballo)

25 de xullo: Pontevedra - Deportivo (Pasarón, Pontevedra)

27 de xullo: Racing de Ferrol - Deportivo (A Malata, Ferrol)

relacionada Lucas Pérez, en venda, pero inalcanzable para o Dépor
relacionada O gardameta do Fabril será o que exerza como terceiro porteiro do Dépor

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress