estadísticas

Boas noticias: os casos activos de coronavirus baixan por vez primeira desde finais de xullo pese á alza de Pontevedra

Como leva días indicando Galiciapress, a situación mellora aos poucos. A Coruña, Vigo e Santiago parecen estar a dobregar a súa curva. Isto nótase no cómputo de casos activos galegos, que cae por vez primeira desde o 27 de xuño. Agora ben, a cifra de só 161 contagios detectados onte está condicionada polo menor número de PCRs deste mes.

Posible transmisión comunitaria en Ourense mentres outras áreas como A Coruña e Santiago poden estar preto dun pico

Galicia detectou 214 novos positivos por coronavirus nas últimas 24 horas, a menor cifra de contagios en seis días, e o total de casos activos incrementouse en 68, ata situarse en 4.243, de acordo cos datos que proporciona este luns a Consellería de Sanidade, tomados na tarde do domingo.uren

O coronavirus acelera en Pontevedra pero hai varias áreas, como A Coruña, nas que pode empezar a baixar
Galicia detectou nas últimas 24 horas 293 novos positivos por coronavirus e os casos activos incrementáronse en 55, ata situarse en 4.137, de acordo cos datos difundidos este sábado pola Consellería de Sanidade, tomados na tarde do venres.
Os positivos en Galicia empezan a desacelerar a pesar de que o SERGAS bate o seu récord de test diarios


Leve melloría outra vez dos datos do coronavirus a nivel galego, aínda que a evolución dalgunhas áreas segue sendo preocupante. As cifras de Ourense e Vigo volven ser malas e o foco da Coruña segue perdendo forza.

Maior acelerón do verán en Vigo e repunta A Coruña, mostra a gráfica de coronavirus por áreas sanitarias de Galicia
Galicia detectou nas últimas 24 horas 305 novos positivos por COVID-19 e o total de casos activos sitúase en 3.991 este xoves --144 máis que este mércores--, de acordo cos datos da Consellería de Sanidade.
O coronavirus leva días sen acelerar a pesar de que hoxe dá positivo máis do 6% dunha cifra récord de test en Galicia


As esperanzas de que Galicia poida estar preto do pico dos seus rebrotes estivais segue aí, aínda que hoxe afástase un pouco. Dos datos do xoves do SERGAS pódese deducir que apareceron outra vez máis de 300 positivos nun día e que a taxa de positividade volve subir por encima do 6%. 

A Coruña mellora pero Santiago e Lugo seguen disparadas, indica a gráfica do coronavirus por áreas sanitarias
Por áreas sanitarias, Lugo e Santiago volven ser as máis castigadas hoxe, produto de brotes como o de Melide e o da residencia de Outeiro de Rei. A boa noticia é que A Coruña, por fin, parece que está superando o pico do seu rebrote, hoxe só ten 10 casos activos máis. Máis información detallada sobre a evolución en cada área sanitaria, aquí.
O coronavirus en Galicia segue acelerando, pero cada vez menos desde hai dúas semanas

Podémolo ver claramente na gráfica que mide a porcentaxe de cambio. Os casos activos están a aumentar un 5,8% cada día, cando a mediados de agosto estaban a aumentar un 13% cada día, de acordo á media móbil a sete días, que nos permite ver as tendencias sen as distorsión produto de cifras excepcionais dunha determinada xornada.  Onte, creceron un 4,5%, a mellor cifra desde o mes de agosto. 


O coronavirus crece, sobre todo na Coruña, Ourense e Ferrol, e pon a Galicia por encima dos 1.000 casos activos


Galicia acaba de superar os 1.000 casos activos de coronavirus. Isto non pasaba desde o 20 de xuño, cando o país estaba na recta final da Fase 1 da desescalada. Aínda así, sendo malas as cifras de hoxe, non son tan pésimas como as de onte.

O coronavirus dispárase na Coruña, Ferrol e Lugo e pon a Galicia en niveis de casos propios de Fase 1


Moi malos datos outra vez do coronavirus en Galicia. Con 141 novos positivos, a comunidade bate o seu récord desde o inicio dos rebrotes. O principal problema segue estando na Coruña onde a pandemia segue acelerando con 81 novos casos, o máximo aumento rexistrado. Agora ben, o ritmo dos ascensos é preocupante en case todas as áreas. Hoxe, especialmente en Ferrol e Lugo, que suman 9 casos activos.

O confinamento da Coruña máis probable ao dispararse os contagios alí, pero tamén en Ferrol

Moi malas cifras hoxe do coronavirus en Galicia. Hai 109 positivos novos. A maioría, 61 procedentes da Coruña, que se achega así ás temidas restricións de mobilidade. A pandemia tamén acelera en Ferrol, con 9 casos máis.

Hai que pechar A Coruña? A cidade ten o 40% dos casos de coronavirus de Galicia pero, segundo varios políticos, non hai indicios de confinamento


Evoluciona ben o foco de coronavirus na Coruña? Segundo edís da capital, Oleiros e Culleredo así é. As cifras mostran efectivamente certa mellora hoxe, con 35 casos activos máis, aínda que hai que lembrar que onte se igualaba o record, cun aumento de 69 casos.


Galicia é a autonomía con menos coronavirus da Península, indican as gráficas do Ministerio de Sanidade

Os datos de Moncloa seguen sen coincidir cos de San Caetano. En todo caso, colocan a Galicia nunha situación envexable en comparación coa maioría de autonomías.

A Xunta está a facer menos test de coronavirus pero aínda así os casos crecen en todas as áreas, sobre todo en Vigo e A Coruña
O número de casos activos de COVID en Galicia segue en aumento, con 70 casos máis que este luns, e a cifra sitúase en 740 --tras subir nas sete áreas sanitarias--, dos que 406 corresponden á da Coruña e Cee --35 máis que a xornada pasada--, onde hai un brote relacionado cun ximnasio en Arteixo con máis de medio centenar de casos.
A Coruña vai camiño de máis restricións por un coronavirus que crece a un ritmo non visto desde o pico


As cifras de hoxe sobre o coronavirus volven ser preocupantes para Galicia. Son 96 contagios novos, o segundo maior incremento desde o inicio dos rebrotes. Extremadamente preocupantes para A Coruña, con 78 casos novos, tamén o segundo maior incremento recente. Moi alarmante é que a taxa de positividade está a multiplicarse. Hoxe alcanza a súa cifra récord no país desde o inicio dos rebrotes máis do 6,7% dos test está a dar positivo en Galicia.

O coronavirus avanza por case toda Galicia, sobre todo na Coruña
O número de casos activos de COVID en Galicia volve aumentar en 32 con respecto a este xoves e a cifra sitúase en 444 --tras subir en cinco áreas sanitarias--, dos que 177 corresponden á da Coruña e Cee --21 máis que a xornada pasada--, onde hai un brote relacionado cun ximnasio en Arteixo.
O crecemento do coronavirus en Galicia reláxase, aínda que seguen aumentando os casos activos en case todas as áreas

O número de casos activos de COVID en Galicia aumenta noutros 16 e sitúase en 375 --tras subir en todas as áreas sanitarias salvo na de Lugo--, dos que 150 corresponden á área da Coruña. Os pacientes hospitalizados en UCI con este coronavirus increméntanse a dous.

155 galegos morrerán por coronavirus ata novembro, prevé un modelo matemático da Universidade de Washington

Se alcanzamos un uso case universal da máscara (que a leve o 95% da poboación en todo contacto social) a previsión de mortes ao 1 de novembro cae de 774 a 695.

O coronavirus segue acelerando en Vigo e A Coruña pero dá un respiro ao resto de áreas

Así, restadas as 13 altas, os casos activos incrementáronse en 13 en Galicia este domingo e a comunidade sitúase nun total de 321, máis dun terzo dos cales volven corresponder ao área sanitaria da Coruña, que segue sendo a que ten máis cantidade e a que rexistra o ascenso máis pronunciado, de acordo cos datos da Consellería de Sanidade.

Zonas da Coruña, camiño do illamento a pouco que suba o seu ritmo de novos contaxios de coronavirus
Os casos que deron positivo por COVID-19 vinculados ao brote do ximnasio de Meicende, no municipio coruñés de Arteixo, subiron a 39 este domingo, oito máis que na xornada do sábado, informou o Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE