A Coruña mellora pero Santiago e Lugo seguen disparadas, indica a gráfica do coronavirus por áreas sanitarias

Por áreas sanitarias, Lugo e Santiago volven ser as máis castigadas hoxe, produto de brotes como o de Melide e o da residencia de Outeiro de Rei. A boa noticia é que A Coruña, por fin, parece que está superando o pico do seu rebrote, hoxe só ten 10 casos activos máis. Máis información detallada sobre a evolución en cada área sanitaria, aquí.

|

Lugo e Santiago volven ser as áreas sanitarias máis castigadas hoxe en Galicia, produto de brotes como o da Baña, Negreira, O Inicio e Monforte. A boa noticia é que A Coruña, por fin, parece que está a se achegar ao pico do seu rebrote, hoxe só ten 10 casos activos máis. 





Galicia rexistra un total de 3.640 casos activos de COVID-19 este luns, cifra que aumentou en 156 con respecto ao domingo tras rexistrarse 271 novos positivos e 115 altas en 24 horas. Máis información en detalle sobre a evolución da pandemia a nivel galego aquí.


Este luns as principais subidas rexístranse nas áreas sanitarias de Lugo e Santiago, segundo o balance difundido pola Consellería de Sanidade.


MELLORÍA PALPABLE NA CORUÑA
Así, a área sanitaria da Coruña e Cee continúa como a que máis contaxiados acumula, cun total de 1.392 casos activos, aínda que este luns soamente soben en 10. 


Son boas noticias para A Coruña. A gráfica que a diario actualiza Galiciapress permite observar que o virus está a crecer notablemente menos desde fai algo máis dunha semana. No últimas tres xornadas o número de casos activos subiu nunhas 40 persoas, cando houbo días de case 80 casos activos máis nunha soa xornada.






LUGO SEGUE DISPARADA

Onde si seguen disparándose os datos é na área de Lugo, que suma 55 positivos máis, ata un total de 730 pacientes. A gráfica permite comprobar que a situación dista moito de empezar a estar controlada.


Hai que lembrar que están activos importantes brotes na provincia, como o do Incio, onde o SERGAS fará un cribado de probas de COVID-19., e o de barrio da Milagrosa, na capital, onde os veciños quéixanse das medidas adoptadas pola Xunta.





NEGATIVOS EN TRABALLADORES MUNICIPAIS DE COMPOSTELA

A pandemia tamén continúa acelerando na área de Santiago, que contabiliza outros 42 casos, ata 582. 


Afortunadamente, o positivo de dous policías locais e dunha traballadora das oficinas do Concello da capital non provocaron, por agora, máis contaxios. Tampouco se han detactado positivos entre os asalariados das escolas infantís, que abrirán mañá.


NOVOS BROTES EN OURENSE
En canto ao resto da Comunidade, a área sanitaria de Ourense conta con 340 casos activos de COVID-19 --16 máis con respecto ao domingo. O SERGAS detectou un brote en Verín de 6 persoas e o de barrio de Mariñamansa na urbe supera os 20 enfermos. O sábado apareceu un na Rúa.


O ascenso do virus hoxe é máis moderado noutras áreas. A de Vigo ten 237 casos activos --soben en 23--; a de Pontevedra con 226 --oito máis--; e a de Ferrol con 133 --dúas máis--.


TRES FALECIDOS MÁIS PERO BAIXAN Os HOSPITALIZADOS
Do total de pacientes de coronavirus, 17 atópanse en UCI, o mesmo número que unha xornada atrás, e as hospitalizacións en unidades convencionais baixan en 13, ata 124. O resto de casos activos, un total de 3.499, están en seguimento domiciliario.

Os datos de Sanidade indican que os mortos da pandemia son xa 643 na Comunidade, tres máis dos que constaban no parte do domingo, debido a que nas últimas 24 horas notificáronse tres falecementos: unha muller de 93 anos e un home de 90, ambos os usuarios da residencia do Incio (Lugo), no Hospital Lucus Augusti (HULA); e outra muller de 89 anos no Hospital de Cee (A Coruña).

Así mesmo, ata o momento Galicia contabiliza 12.671 persoas curadas de COVID-19, ao sumar os datos deste luns outras 115 altas. Ademais, Sanidade informa de que xa se realizaron 335.554 probas PCR na Comunidade, que son 3.715 máis.


Uq1eR coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia nbsp  (9)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE