A Xunta foi dos primeiros en recoñecer ás familias monoparentais, destaca Rueda
Tal e como trasladou o Goberno galego en nota de prensa, o mandatario autonómico reuniuse con representantes da Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (Fagamos) e da Asociación Nais Solteiras por Elección
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o compromiso coas familias monoparentais e lembrou que Galicia foi das primeiras comunidades en aprobar un recoñecemento específico que lles permite acceder a diferentes beneficios e vantaxes.
Tal e como trasladou o Goberno galego en nota de prensa, o mandatario autonómico reuniuse con representantes da Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (Fagamos) e da Asociación Nais Solteiras por Elección.
Alí trasladoulles o obxectivo da Xunta de "seguir reforzando o apoio" a este tipo de familias e lamentou que o Goberno central aínda que "non aprobase unha normativa estatal que regule de forma uniforme e común" este tipo de fogares en toda España.
Nesta liña, Rueda subliñou que Galicia conta desde 2011 cun certificado oficial que acredita a condición de familia monoparental, o que permite que estes fogares teñan puntuación adicional á hora de acceder a escolas infantís e casas neno; protección preferente na vivenda autonómica ou descontos nas tarifas do comedor escolar ou dos campamentos xuvenís que organiza o Goberno autonómico.
Finalmente, o presidente lembrou que o próximo un de xaneiro entrará en vigor a nova bonificación fiscal para as familias monoparentais de Galicia que adquiran unha vivenda usada, grazas á modificación do Imposto de Transmisión Patrimoniais (ITP) impulsada pola Xunta.
Escribe o teu comentario