O coronavirus avanza por case toda Galicia, sobre todo na Coruña

O número de casos activos de COVID en Galicia volve aumentar en 32 con respecto a este xoves e a cifra sitúase en 444 --tras subir en cinco áreas sanitarias--, dos que 177 corresponden á da Coruña e Cee --21 máis que a xornada pasada--, onde hai un brote relacionado cun ximnasio en Arteixo.

|

Outra xornada de malos datos sobre o coronavirus en Galicia. Onte detectáronse 44 contagios novos con numerosos brotes, pequenos aínda, por case toda a xeografía galega. A gráfica de casos activos aumenta en 32, o segundo maior aumento desde a nova normalidade. 21 deles son da área da Coruña, que presenta unha situación preocupante, tanto que hoxe os expertos da Xunta reúnense e poderían propoñer medidas como o peche de bares pola noite.


O número de casos activos de COVID en Galicia volve aumentar en 32 con respecto a este xoves e a cifra sitúase en 444 --tras subir en cinco áreas sanitarias--, dos que 177 corresponden á da Coruña e Cee --21 máis que a xornada pasada--, onde hai varios rebrotes,  o principal relacionado cun ximnasio en Arteixo.


En termos proporcionais, o número de casos activos crece un 7,8%, na parte alta do rango de crecementos diarios, que Galicia leva sufrindo sen interrupción hai xa dúas semanas. 


A media móbil a sete días, que nos informa mellor sobre se o COVID-19 está a acelerar ou freando, segue no 6,9% de crecemento diario, valor similar ao das últimas 10 xornadas. Isto indica que o virus segue gañando terreo, pero que a súa aceleración por agora é constante e non exponencial, como están a sufrir outras autonomías.


Con todo, hai que mirar as gráficas de casos activos con prudencia, porque os seus crecementos están enmascarados polo número de altas. Por exemplo, hoxe hai 32 casos activos máis pero en realidade son 44 contagios máis desde onte, porque se pode deducir que tamén houbo 12 altas. O SERGAS segue sen dar a cifra de novos contagios, a pesar da súa relevancia.


O espertar do coronavirus tamén se está empezando a notar nos hospitais. 21 pacientes permanecen en unidades de hospitalización convencional, son catro máis que este xoves. Dous na UCI --uno na Coruña e outro en Vigo, sen cambios--, mentres que 421 atópanse en seguimento domiciliario --28 máis respecto a a xornada pasada--.

DATOS POR ÁREAS SANITARIAS
Dos 444 casos activos, 177 corresponden á área da Coruña e Cee --21 máis que este xoves--; 72 á de Lugo --uno menos--; 78 á de Vigo --tres máis--, 43 á de Pontevedra e O Salnés --dúas máis--; 34 á de Ourense --dúas máis--; 35 á de Santiago --cinco máis-- e cinco á de Ferrol --sen cambios--.


A situación na área sanitaria da Coruña é cada vez máis preocupante, como se pode apreciar na gráfica.  O luns Galiciapress xa advertiu que se superou o límite de novos contagios diarios fixado polo propio SERGAS para situar en área en alerta vermella, que obrigaría a tomar medidas excepcionais. Hoxe reúnese o comité de expertos do SERGAS para, precisamente, analizar esas probables medidas a maiores.




O PROBLEMA DA CORUÑA NON É SÓ O BROTE DE ARTEIXO

A Coruña acumula 21 casos activos máis nunha soa xornada. É o segundo maior salto desde que empezaron os rebrotes. O máis preocupante é que a aceleración chega cando o rebrote de Arteixo parecía estar en vías de control. De feito, onte a gráfica de casos activos baixou por vez primeira en moito tempo.


Con todo, novos brotes como o de Vimianzo, demostran que o problema vai moito máis alá do foco localizado por mor dun positivo dun porteiro dun bar de Santa Cruz de Oleiros e usuario dun ximnasio de Meicende. 


Sorprendente é o dato de Pontevedra, onde só hai dous casos novos. É sorprendente porque onte o SERGAS comunicou un brote con dez contaxiados en Caldas de Reis. Só hai dúas explicacións posibles, ou onte houbo moitas altas nesa área sanitaria ou o groso deses 10 novos contaxiados figura nas cifras de onte, cando o area sufriu un salto de seis casos activos máis.


Tamén sorprende o aumento de cinco casos en Santiago, que eleva o cómputo total ata os 35. Por agora o seu EOXI non informou de ningún rebrote. O aumento de 5 casos é o maior desde o extinto rebrote do Barbanza.


BOAS CIFRAS NA MARIÑA

As mellores noticias veñen de Lugo, única área que baixa. Aínda que sexa só un caso, isto indica que o rebrote da Mariña segue sen reactivarse e o SERGAS podería acabar con el pronto, pois o número de novos casos alí está a ser moi reducido dese fai xa bastante tempo. 


De feito, Sanidade acaba de confirmar a boa tendencia ao indicar que onte só quedan 26 enfermos de COVID-19 na Mariña, tras 9 altas e ningún contaxio onte. Á súa vez, isto implica que no resto da provincia houbo 10 contagios, pois o cómputo de casos activos baixou nun. É dicir, que a boa tendencia na Mariña non o é tanto no resto da provincia.


DOCE ALTAS E SEN MORTOS DESDE XUÑO
Sanidade indica que, ata o momento, curáronse en Galicia 11.381 persoas, 12 máis que a xornada anterior, e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima mortal foi notificada o 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.

O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 260.785 fronte ás 258.978 contabilizadas ata este xoves, apuntou Sanidade.  


Isto impica que o SERGAS realizou onte uns 1.800 PCRs. A taxa de positividade é do 2,43%, moi lixeiramente superior á de onte e moi afastada aínda da doutras comunidades ou da atopada na Mariña durante o rebrote. 


Uq1eR coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia nbsp  (5)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE