Sarna en DomusVi Santiago? CC.OO. denúnciao e a residencia négao
A situación nas residencias de maiores en Galicia volve estar no ollo do furacán tras as graves acusacións vertidas esta semana sobre a xestión do centro DomusVi San Lázaro, situado en Santiago de Compostela. O que describe a representación dos traballadores debuxa un escenario propio de tempos pretéritos, onde a tecnoloxía fallou até tal punto que os usuarios, segundo o sindicato, deben recorrer a métodos rudimentarios para solicitar axuda, mentres a empresa, o xigante do sector sociosanitario, recoñece fallos técnicos aínda que nega tajantemente a desatención asistencial.
O conflito estalou publicamente este mércores, cando Comisións Obreiras (#CCOO) emitiu un duro comunicado alertando dunha realidade insosteible no centro compostelán. A denuncia non se limita a cuestións laborais, senón que apunta directamente ás condicións de salubridade do centro.
Segundo o sindicato, a precariedade do servizo alcanzou cotas alarmantes debido á política da nova dirección, caracterizada pola pasividade ante a falta de cobertura das baixas do persoal. Esta escaseza de mans, sosteñen, derivou en problemas básicos de hixiene e nutrición, aumentando o risco de caídas e provocando erros na administración de medicamentos, un cadro que, di o sindicato, o persoal vive con ansiedade e sentimento de culpa.
CC.OO. insiste en que a falta de persoal contribúe á "aparición de patoloxías infecto-contaxiosas (como a «sarna e a conxuntivites») e "falta de hixiene e nutrición axeitadas" .
Ademais, a central indica que sistema informático central, vital para o funcionamento diario, deixaría de operar definitivamente en outubro tras meses de fallos intermitentes. A consecuencia directa, segundo relata Isabel Salgado, presidenta do comité de empresa, é que as alarmas, os timbres das habitacións e os sistemas de apertura de portas quedaron inutilizados. Ante este apagamento tecnolóxico, a solución provisional achegada pola dirección sería repartir culleres aos anciáns para que golpeen as paredes se necesitan asistencia urxente, unha imaxe que ilustra a gravidade da deterioración denunciada.
A empresa recoñece o fallo do sistema pero nega o abandono
A resposta de DomusVi ha llegaod este venres, admitindo a existencia dunha avaría eléctrica irreparable no servidor principal, aínda que matizando considerablemente o alcance do problema descrito polos traballadores. Fontes da compañía confirmaron que o sistema de chamada paciente-enfermeira e o control de accesos internos están afectados, unha incidencia para a que xa se activou un plan de substitución completa que debería estar operativo antes de finalizar o ano 2025. No entanto, a empresa rexeita que esta situación afecte os ascensores ou ás portas exteriores, contradicindo a versión sindical que fala dunha mobilidade reducida e ascensores avariados en días alternos.
No referente á saúde e o benestar dos residentes, alguén amente. Mentres CCOO alerta sobre a aparición de brotes de sarna e conjuntivitis derivados da falta de hixiene, a dirección de DomusVi négao e cualifica de intolerable que se cuestione o coidado que reciben os seus usuarios. A compañía asegura que os residentes son alimentados e aseados correctamente, negando categoricamente a existencia actual de casos de sarna, tamén coñecida como escabiosis.
Respecto da conjuntivitis vírica, a empresa admite rexistrar algúns casos a finais do verán, pero defende que se activaron os protocolos pertinentes e informouse con transparencia tanto ás familias como á administración, dar a situación por resolta favorablemente.
A controversia tamén aborda a seguridade médica dos internos. Desde o comité de empresa acúsase á dirección de obstaculizar ou atrasar a derivación de pacientes a hospitais, actuando en ocasións en contra do criterio das gerocultoras e enfermeiras, unha práctica que podería pór en risco a vida dos maiores. Fronte a isto, DomusVi insiste no seu compromiso coa calidade asistencial e asegura que tras a avaría do sistema de avisos pediuse ao persoal que intensifique a frecuencia de vixilancia visual nas habitacións para suplir a falta de tecnoloxía, garantindo así a atención continua.
Un conflito laboral con transfondo político na Xunta
Máis aló dos problemas técnicos e sanitarios, a denuncia pon o foco na responsabilidade política da Xunta de Galicia. A Consellería de Política Social é a responsable de supervisar ás residencias.
O sindicato lamenta que a administración autonómica, coñecedora da situación, permita este tipo de xestión en centros que reciben fondos públicos ou conciertan prazas. As críticas apuntan directamente á figura do presidente Alfonso Rueda e aos responsables de Política Social, a quen acusan de priorizar as fotografías institucionais sobre a fiscalización real do sector. Para CCOO, existe unha conivencia da administración coa precariedade que impera no modelo de residencias privadas, onde o beneficio económico parece primar sobre o benestar social.
O contexto laboral do sector en Galicia agrava aínda máis a situación en San Lázaro. O convenio colectivo atópase caducado desde o ano 2023 e as negociacións para a súa renovación parecen estancadas por, segundo din os sidcatos, a falta de interese da patronal. Esta parálise, sumada a unhas condicións que o comité de empresa non dúbida en cualificar de "esclavistas" en comparación con outros grupos empresariais que si melloran os mínimos legais, está a provocar unha fuga de talento. A perda constante de profesionais cualificados, que foxen cara a sectores ou empresas con mellores retribucións e menor carga física e mental, deixa ás residencias como a de Santiago con persoais mermados e excedidos.
Escribe o teu comentario