Unha tortilla contaminada por salmonelosis, posible responsable do brote gastrointestinal do IES de Elviña
Medio centenar de alumnos víronse afectados polo virus gastrointestinal.
A Consellería de Sanidade informou de que o brote gastrointestinal que afecta desde o luns a uns 50 estudantes do IES Plurilingüe Elviña, na Coruña, pode ter a súa orixe en salmonelosis por inxesta de tortilla.
Segundo explican, as análise realizadas han mostrada seis resultados positivos nesta bacteria, polo que a sospeita é "clara".
Informan tamén de que un dos mozos está ingresado por salmonelosis. Do resto, ningún necesitou hospitalización. Foron atendidos en puntos PAC e consultas telefónicas con síntomas como vómitos, diarrea e febre.
A Consellería de Sanidade tivo constancia do suceso este luns e xa sinalaban que a intoxicación se tiña que deber a algún produto inxerido entre o 8 e o 9 de xaneiro durante o recreo, cando os alumnos teñen acceso á cafetaría do centro -- que non ten comedor --. A cafetaría, que presentaba boas condicións hixiénicas, permanece pechada polo momento.
Esta mesma mañá, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, referíase ao caso en declaracións ante os medios e apuntaba xa que a intoxicación se debía a algún produto en mal estado.
Escribe o teu comentario