O Concello do municipio coruñés de Ponteceso continuará coa repartición de auga á veciñanza de Corme en diferentes puntos da localidade a partir deste luns, 30 de setembro. Mentres, desde a oposición sl PP reclamou a dimisión do alcalde da localidade como "último responsable" do brote de gastroenterite que afectou á localidade de Corme e acusouno de dicir que "a auga era boa" con "analíticas que non son veraces".