GTA As Neves: conduce un coche roubado, sen carné, de maneira temeraria, ten un accidente e foxe do lugar

O investigado, de 25 anos de idade, deixou un ferido no sinistro no que se viron implicados varios coches en Ponteareas. 


|

Investigan a un vecino de As Neves que provocó un accidente en Ponteareas, conduciendo un coche robado sin carné, y que abandonó el lugar del siniestro. El coche apareció calcinado poco después.
Foto: EP

 

A Garda Civil investiga a un veciño das Neves (Pontevedra), de 25 anos de idade, como presunto autor de varios delitos, por conducir sen carné un coche roubado, de forma temeraria, e co que provocou un accidente, fuxindo a continuación do lugar.
 


Segundo informou a Comandancia de Pontevedra, os feitos ocorreron o pasado 18 de maio, cando se produciu un accidente de tráfico no municipio de Ponteareas, no que varios coches estiveron implicados, e no que unha persoa resultou ferida e tivo que ser trasladada a un hospital.

O condutor causante do sinistro fuxiu do lugar e o coche no que ía apareceu calcinado posteriormente. A dona do vehículo denunciara a súa subtracción.

O Grupo de Investiación de Accidentes de Tráfico (GIAT) do Subsector de Pontevedra iniciou unha investigación coa colaboración de axentes do destacamento de Tráfico do Porriño e do Posto de Salvaterra.
 


Tras medio ano de pescudas e xestións, logrou identificar ao condutor, que agora está investigado polos delitos de furto de uso de vehículo, abandono do lugar do accidente, condución temeraria, condución sen carné, lesións imprudentes e danos.

O ateigado elaborado polo GIAT e as pescudas realizadas foron postas a disposición do xulgado de instrución de Ponteareas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE