Galicia é a autonomía con menos coronavirus da Península, indican as gráficas do Ministerio de Sanidade

Os datos de Moncloa seguen sen coincidir cos de San Caetano. En todo caso, colocan a Galicia nunha situación envexable en comparación coa maioría de autonomías.


|

Os datos de Moncloa seguen sen coincidir cos de San Caetano. En todo caso, colocan a Galicia nunha situación envexable en comparación coa maioría de autonomías.


A incidencia acumulada en Galicia é de 23 casos de coronavirus por cada 100.000 habitantes nas últimas dúas semanas. Só Canarias e Ceuta presentan mellores valores, segundo os datos do informe do Ministerio de Sanidade deste martes.


Isto quere dicir que, a pesar de a evidente aceleración da pandemia no país e particularmente na Coruña, a situación é notablemente mellor que noutras autonomías. A media estatal da incidencia acumulada é de 94,6. O peor rexistro é o de Aragón, con máis de 570 contaxiados por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días.



O Ministerio de Sanidade informou este martes de 1.418 novos casos de COVID-19, unha cifra similar á rexistrada onte (1.486). Sorprendentemente, a Galicia só atribúe 6.


A gráfica resultante a nivel estal dá esperanzas de que os rebrotes, polo menos os actuais, poden estar en camiño de ser controlados.




Agora ben, se observamos o número de casos nos últimos 14 días vemos que a tendencia aínda é á alza, aínda que moito menos marcada que a sufrida na primavera.





Desde o inicio da pandemia ten confirmados 326.612 positivos, en comparación cos 322.980 deste luns, polo que o Ministerio engadiu máis de 3.600 positivos que non contaban nas estatísticas oficiais ata o de agora. O gráfico resultante tamén dá esperanzas dun posible control dos rebrotes.




A pesar de que os contaxios que se deducen das cifras do SERGAS de hoxe son 79, o balance do Ministerio só recolle un aumento de 39. Un exemplo máis das contradicións nas formas de contar das dúas administracións, que lastra a credibilidade das cifras oficiais.


Atendendo ás cifras do Estado, Galicia é a cuarta autonomía con menos positivos recentes:








Casos de coronavirus por






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE