O crecemento do coronavirus en Galicia reláxase, aínda que seguen aumentando os casos activos en case todas as áreas

O número de casos activos de COVID en Galicia aumenta noutros 16 e sitúase en 375 --tras subir en todas as áreas sanitarias salvo na de Lugo--, dos que 150 corresponden á área da Coruña. Os pacientes hospitalizados en UCI con este coronavirus increméntanse a dous.


|

Galicia logrou frear a aceleración do coronavirus na última xornada. Son 16 casos máis que onte, con incrementos leves en todas as áreas salvo Lugo. A peor evolución é a da Coruña, cuxa área sanitaria rexistra sete casos novos, con dúas hospitalizacións máis, un na UCI.


O número de casos activos de COVID en Galicia aumenta noutros 16 e sitúase en 375 --tras subir en todas as áreas sanitarias salvo na de Lugo--, dos que 150 corresponden á área da Coruña. Os pacientes hospitalizados en UCI con este coronavirus increméntans en dous.


O incremento é do 4,5% respecto onte, que é un subida pero das menores experimentadas desde a proliferación dos rebrotes. A media móbil a sete días, que nos permite seguir a evolución sen depender de oscilacións dunha xornada concreta, mantense nunha subida diaria do 6,5%.




Dos 375 casos activos, 150 corresponden á área da Coruña e Cee --sete máis que este luns--; 71 á de Lugo --sen cambios--; 67 á de Vigo --tres máis--, 29 á de Pontevedra e O Salnés --un máis--; 28 á de Ourense --dúas máis--; 26 á de Santiago --dúas máis-- e catro á de Ferrol --uno máis--.



En xeral, todas as áreas sanitarias experimentan unha expansión do COVID-19. Quizais a excepción é Lugo, que leva algo máis dunha semana cunha tendencia á baixa, produto do progresivo control do foco da Mariña. Alí hoxe o SERGAS comunica tres altas e, ademais, non hai ningún positivo máis. Quedan 35 casos activos na comarca e hai outros 36 no resto da provincia.


Así se desprende dos datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, que sinala que do total de pacientes positivos, 15 permanecen en unidades de hospitalización convencional --os mesmos que este luns-- e dous na UCI --un máis--, mentres que 358 atópanse en seguimento domiciliario --15 máis respecto a a xornada pasada--.

SEN FALECEMENTOS DESDE XUÑO
Sanidade indica que, ata o momento, curáronse en Galicia 11.318 persoas, 11 máis que a xornada anterior, e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima foi notificada o 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.

O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade ascende a 255.305 fronte ás 254.374 rexistradas ata este luns, apuntou Sanidade. É dicir, onte realizaron 931 desde a última xornada.


É posible inferir cantas deron positivo, aínda que o SERGAS só informe de casos activos. Como as curacións subiron en 11, iso implica, ao haber 16 casos activos máis, que deron positivo 25 PCRs. Á súa vez, isto permite calcular a taxa de positividade das probas, que onte foi do 2,5%.


Uq1eR coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia nbsp  (2)






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE