Os casos activos baixan outra vez tras o rebote de onte, pero é a menor baixada desde o 3 de febreiro, no pico da terceira onda.Os indicadores semanais e a dúas semanas están practicamente planos.
As últimas cifras do coronavirus en Galicia son horripilantes. Os tenues indicios dunha melloría desaparecen case por completo. Nun só día o SERGAS confirmou máis de 1.300 positivos e ten que atender a máis de 1.000 novos casos activos, algo xamais visto.
As últimas cifras do coronavirus en Galicia volven ser pésimas. O empeoramento é xeneralizado, aínda que máis grave sobre todo nas cidades e comarcas de Santiago e A Coruña. Especialmente preocupante é a evolución da taxa de positividade, en niveis récord. Tras relaxarse en Nadal, o SERGAS non está a conseguir reducila agora, o que pon en perigo a capacidade diagnóstica.
Os últimos datos en Galicia mostran que o coronavirus acelerou tras o Nadal. Por terceira vez no últimos catro días saltan máis de 400 positivos nunha xornada.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o líder do Partido Popular e da oposición en España, Pablo Casado, deron negativo nas probas PCR ás que se someteron esta fin de semana.
As últimas cifras certifican o contrataque da pandemia en Galicia. Empeoramento xeneral, con todas as áreas sanitarias aumentando en casos activos. Ademais, seguen subindo as incidencias acumuladas. tras o paréntese de onte.
En segundo lugar, porque se produce unha semana despois do alivio das súas restricións. A ninguén se lle escapa que a evolución de Compostela e Ourense, as primeiras urbes que se beneficiarion do relajamiento, pesará no ánimo dos expertos do SERGAS á hora de decidir posibles novos alivios.No outro lado da balanza está hoxe Vigo, con -35 positivos hoxe respecto ao cómputo a 14 días de onte.
As últimas cifras do coronavirus en Galicia son excelentes, a pesar de serios problemas en certos concellos, como Boiro e Sarreaus. A incidencia acumulada semanal baixa de 75. Isto permite a Galicia saír do nivel de "risco alto" e caer ao nivel de "risco medio", de acordo aos niveis do semáforo de alertas pactado este outono entre Moncloa e as autonomías. Algo que non pasaba desde o 10 de outubro.
As últimas cifras do coronavirus en Galicia confirman que a melloría acelera. Os 238 positivos é a menor cifra desde o 6 de outubro. Con todo, o máis importante é que é que todos os indicadores de contagios seguen á baixa. Desgraciadamente, non sucede aínda o mesmo coa curva de mortes. Aínda onte morreron 12 persoas. Imos acabar novembro con case 300 mortos, preto de 10 ao día.
As últimas cifras do coronavirus en Galicia volven ser esperanzadoras. Sobre todo, a taxa de positividade, que por vez primeira en moito tempo achégase ao ansiado 5%.Hai que lembrar que a OMS estima que o 5% é máximo de positivos para estimar que un brote está en vía de control.
As últimas cifras do coronavirus en Galicia volven ser esperanzadoras. Desde o 15 de outubro non encadeabamos dúas xornadas seguidas por baixo dos 330 novos positivo; onte 323, hoxe moi pouco máis, 327.
As probas serán voluntarias. A área sanitaria de Vigo leva cinco días seguidos reportando máis dun 10% de test positivos.
O que parecía unha freada na melloría de novembro vai camiño de converterse noutra escalada de contagxos. As últimas cifras do covid-19 en Galicia son francamente malas. Os 685 novos positivos é a terceira peor cifra do mes. E o que é máis preocupante, a taxa de positividade supera de onte supera o 10%, algo nunca visto desde principios de abril.
Moi boas noticias nas últimas cifras do coronavirus en Galicia. Os novos positivos seguen caendo a niveis non vistos en tres semanas. Por segundo día consecutivo hai menos enfermos, algo que non pasaba desde fai máis dun mes. Todo os indicadores apuntan a que Galicia empeza a dobregar a curva desta terceira onda. Agora ben, a situación dos hospitais segue empeorando e tardará en mellorar.
A publicación da orde enviada aos médicos de familia para que non encarguen PCRs a persoas que son contactos estreitos de positivos desata unha gran polémica. O Goberno deféndese asegurando que así se evitarán duplicidades nun sistema no que os seus propios expertos recoñecen "problemas de coordinación". Algúns galenos rebélanse contra a instrución.
Sen resultar tan pésimos como os de onte, as cifras do coronavirus hoxe en Galicia son francamente malas. Especialmente preocupante é a aceleración de novos contagios en Vigo, A Coruña e Santiago.
Un dos portavoces de CIG Saúde en Vigo asegura que entre o persoal do SERGAS que procesa as probas "non hai contratos de longa duración, son contratos por acúmulos, que se van renovando cada 15 días". En declaracións a RNE, Tizón explica ademais que outra parte do persoal que procesa as probas traballa para fundacións nas que non hai nin convenio colectivo.
O ritmo dos contagios a última semana en Ourense é tal que a tendencia galega torceuse significativamente á alza.O domingo o SERGAS detectou 254 positivos.
O ritmo dos contagios a última semana en Ourense é tal que a tendencia galega torceuse significativamente á alza.O domingo o SERGAS detectou 254 positivos.