Feijóo e Casado dan negativo nas probas PCR e o líder dos populares manterá a súa axenda
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o líder do Partido Popular e da oposición en España, Pablo Casado, deron negativo nas probas PCR ás que se someteron esta fin de semana.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o líder do Partido Popular e da oposición en España, Pablo Casado, deron negativo nas probas PCR ás que se someteron esta fin de semana.
Ambos estiveron en contacto coa concelleira de Mar, Rosa Quintana, que se atopa illada tras dar positivo.
Despois de coñecer o positivo da concelleira, todos os asistentes ao evento no que tamén se atopaban Feijóo e Casado, foron chamados a realizar unha PCR. Desde os populares indican que, a pesar da alarma, Quintana mantivo a distancia de seguridade e usou a máscara como o resto de asistentes.
.Pese ao resultado negativo, a decisión de Pablo Casado –que segundo din fontes do partido non mantivo contacto estreito con Quintana durante o acto- de manter a súa axenda suscitou moitas críticas. As recomendacións sanitarias indican que, nestes casos, a pesar de contar cun resultado negativo nas probas PCR, é conveniente gardar uns días de corentena como medida preventiva.
Con todo, tal e como indicaron desde o partido, Casado manterá inalterados os seus encontros e reunións programadas. De feito, Casado estivo onte presente en Madrid, moi acompañado nas manifestacións convocadas contra a Lei Celáa.
Escribe o teu comentario