Novos récords de positivos e de casos activos de coronavirus dilúen as esperanzas dunha melloría
As últimas cifras do coronavirus en Galicia son horripilantes. Os tenues indicios dunha melloría desaparecen case por completo. Nun só día o SERGAS confirmou máis de 1.300 positivos e ten que atender a máis de 1.000 novos casos activos, algo xamais visto.
As últimas cifras do coronavirus en Galicia son horripilantes. Os tenues indicios dunha melloría desaparecen case por completo. Nun só día o SERGAS confirmou máis de 1.300 positivos e ten que atender a máis de 1.000 novos casos activos, algo xamais visto.
En concreto, son 1.354 os positivos detectados onte, novo récord absoluto. O anterior máximo produciuse xa fai seis días (1.135), o que alimentou as esperanzas dunha posible melloría non moi afastada.
Esperanzas que agora se desvanecen case por completo, pois as medias semanais e a 15 días volven acelerar. Así, a incidencia acumulada semanal pasa de 269 a 281 positivos por cada 100.000 galegos, o segundo maior salto da presente crise.
Abrindo o plano a dúas semanas, a incidencia acumulada a 14 días dá un brinco enorme, de 450 a 477. O maior salto nun só día desde a primeira onda.
Aínda que é certo que o récord de positivos prodúcese o mesmo día que o SERGAS bate a súa marca de PCRs, con máis de 12.600; as subidas non se explican só pola maior cantidade de probas. De feito, a taxa de positividade supera o 10% por vez primeira en cadro días, provocando un ascenso da media semanal, que pasa do 10,3 ao 10,4%.
Disólvese así a caída da media de positividade, que era un dos indicios dun cambio de tendencia. O outro indicio, a redución do ritmo de aumento de casos activos, aínda é visible, pero perde consistencia.
EVOLUCIÓN DO CAMBIO DE CASOS ACTIVOS
Os infectados son xa máis de 16.000 tras o aumento en 1.055 desde o cómputo de onte. Xamais Galicia tivera máis de 1.000 casos activos nun só día. En só unha semana o SERGAS ten que atender a case 6.000 contaxiados máis. Imposible que evite o colapso de manterse tal avalancha moito máis tempo.
En termos porcentuais, o salto hoxe é do 7%. É o peor no últimos catro días pero, aínda así, a media semanal segue baixando, aínda que poquísimo, do 6,8% ao 6,7%. Esta redución é o único rastro que queda dun hipotético cambio de tendencia. Cada día segue aumentando a presión sobre o SERGAS, pero ese aumento é un pouquiño menor cada xornada.
CONCUSIONES
Así as cousas, con todos estes números sobre a mesa, pódese inferir que:
- A pandemia segue crecendo en Galicia batendo todas as súas marcas. Ademais, o covid-19 está a acelerar. Os débiles indicios dun próximo cambio de tendencia son cada vez leves, case insignificantes.
- Unha das poucas boas noticias é que o SERGAS parece ser capaz de dobrar a curva de positividade. Tras a inexplicable freada de PCRs en Nadal, Sanidade está a bater as súas marcas de probas.
- Evitará o SERGAS o colapso sen recorrer ao confinamento domiciliario? Esa é a pregunta do millón que, por agora, ninguén pode responder. Hai datos extremadamente preocupantes de aumento de presión hospitalaria. En só catro días o SERGAS atende a 238 enfermos mais en camas convencionais. Pase o que pase, xa non se pode evitar que a situación das UCIs convértase en crítica, se, con sorte, non se chega ao temido atasco.
ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS
Por exemplo, en Ferrol xa hai 14 enfermos en UCI, o que implica que o 100% das camas UCIs habituais están ocupadas. Se o SERGAS non chega haber trasladado varios enfermos a Lugo xa non habería sitio hoxe. Se non chega haber posto en marcha as 10 UCIs do Hospital Naval, que non están operativas normalmente, mañá probablemente xa non habería sitios para novos enfermos críticos en Ferrol.
Por vez primeira en moito tempo, A Coruña non é a área que máis positivos achega, senón Vigo, 289 do total de 1.354. A isto contribúe non só os malos datos de onte no Concello de Vigo, tamén as pésimas cifras de municipios como Tomiño ou Ponteareas. Máis información en detalle da evolución do covid-19 a nivel municipal e de área sanitaria nuns minutos en Galiciapress.
Escribe o teu comentario