Nestlé en Pontecesures baixo a dúbida: haberá despedimentos na fábrica galega?

A factoría que Nestlé ten en Pontecesures está en albas do mesmo xeito que todo o grupo industrial. O anuncio de reformas que poden afectar a 16.000 postos de traballo caeu como unha bomba entre os e as operarias. Ao momento de publicar esta reportaxe non hai certezas sobre os 240 traballadores e traballadoras no centro de traballo galego nin sequera a nivel español. Os temores disparáronse hai uns días cando se anunciou a incorporación de Pablo Isla, exconsejero delegado de Inditex


|

Fàbrica de Nestlé a Pontecesures (Pontevedra)
Fàbrica de Nestlé a Pontecesures 


 

A lema de Nestlé; “Good Food, Good Life” (Boa Comida, Boa Vida), non se ve acorde co momento que viven os e as traballadoras da firma suíza, sobre todo o persoal da factoría de leite condensada en Pontecesures. A multinacional alimentaria atravesa un momento clave de transformación global baixo unha nova dirección en Suíza. O novo cadro directivo inclúe a Pablo Isla, o que fóra unha das cabezas pensantes do grupo Inditex até a súa renuncia e posterior incorporación a Nestlé. O temor entre muchso e moitas é que Illa repita as mesmas formas que aplicou en Inditex co peche de máis de 200 tendas e a perda de empregos. Por iso, a incerteza se cerne sobre a factoría de Pontecesures, enclave histórico da multinacional. As decisións estratéxicas da compañía alerta aos 240 traballadores da planta galega e de todo o tecido social do municipio.


 

Nestlé: cambios no niño

En outubro, Nestlé anunciou unha importante reestruturación tras un cambio profundo na súa cúpula. Philipp Navratil asumiu a dirección xeral da firma despois do despedimento de Laurent Freixe. Este último incumpriría o código de conduta interno, mentres o consello de administración adiantou o nomeamento de Pablo Isla —expresidente executivo de Inditex— como presidente do grupo, un nomeamento previsto inicialmente para 2026. Illa, quen xa formaba parte do consello desde 2018, converteuse na nova cara da empresa á fronte dun ambicioso plan de transformación global orientado á eficiencia e a rendibilidade.​

 

 

 


 

Tras estes cambios, Nestlé anunciaba este pasado 16 de outubro a intención de reducir o seu persoal mundial en 16.000 postos durante os próximos dous anos. O obxectivo sería aforrar até 3.000 millóns de francos suízos ao peche de 2027. A medida afectará principalmente a empregados administrativos e persoal de soporte, aínda que tamén implicará axustes en plantas e cadeas de subministración. A compañía asegura que os cambios se aplicarán «de forma gradual» e con acompañamento social, priorizando a innovación e os investimentos en áreas de maior rendibilidade.


 

Pontecesures, un século de historia

A planta de Nestlé en Pontecesures estivo máis dun século operando e é a única en Galicia. A súa actividade cínguese á produción de leite condensada destinada a toda España, o norte de Europa e o Sahel. Máis de 240 persoas —traballadores fixos e temporais, na súa maioría veciños do municipio— dependen das súas operacións. 

 

A CIG, sindicato maioritario no comité de empresa, pediu explicacións á dirección tras coñecer os anuncios desde Suíza. Segundo Cecilia Tarela Barreiro, asesora sindical, a empresa non comunicou impacto algún en España, aínda que a inquietude persiste dado o precedente de Illa en Inditex, onde impulsou peches masivos de tendas en busca de eficiencia.

 

 

 

 

 

“Sacrificar 16.000 empregos para recuperar 3.000 millóns de euros non pode considerar casualidade”, expresou Tarela, reflectindo o temor do persoal a que Nestlé priorice o capital económico sobre o humano. Desde a empresa, fontes consultadas subliñan que non existen indicios de recortes en Pontecesures nin noutros centros de traballo, aínda que admiten que continúa unha revisión de todas as estruturas produtivas.

 

Actualmente, Nestlé ten unha forte presenza en España, con dez centros de produción repartidos en cinco comunidades autónomas e unha facturación que en 2023 alcanzou os 2.438 millóns de euros. A compañía é un actor crave na industria alimentaria española, con marcas tan coñecidas como Nescafé, Nespresso, A Leiteira ou Buitoni.

 

Pablo Isla, antiguo consejero delegado de Inditex, es nombrado Global Senior Advisor de Cinven y presidente de Amara NZero.
Pablo Isla


 

Unha visión, de futuro?

Segundo os directivos, o plan de Nestlé busca adaptar ás novas dinámicas do mercado alimentario, presionado pola inflación e os cambios nos hábitos de consumo. Baixo esta idea a compañía decidiu priorizar a dixitalización, a sustentabilidade e a introdución de produtos máis saudables. A orixe desta política é o crecemento en nichos como a nutrición funcional e os alimentos de orixe vexetal. 

 

 

 

 

 

Quizá sexa ese o motivo da incorporación de Pablo Isla, cuxo perfil convenceu aos demais directivos de Nestlé para “equilibrar rendibilidade global e estabilidade laboral”.

 

Mentres se concretan as transformacións, Pontecesures mantén a esperanza na ampliación da súa planta e na súa especialización nun produto estratéxico como é o leite condensada. Espérase que estes dous factores protexan o seu futuro industrial. O compromiso de Nestlé con Galicia, forxado durante décadas a través da colaboración con gandeiros e provedores locais será posto a proba nos próximos meses.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE