Pablo Isla indica que esta crise demostrou que a prioridade do grupo son as persoas, non os beneficios. Inditex é unha das poucas grandes compañías que non aplicou un ERTE. Ao non recibir diñeiro público, poderá repartir beneficios entre os seus accionistas, aínda que serán moitos menos.
Inditex apúntase á tendencia de moitas grandes compañías de situar a dous executivos na parte alta da súa cúpula, evitando así erros dunha soa persoa. Pablo Isla, que segue ao temón, selecciona a un home da casa para ser segundo de a bordo do barco de Zara, Oshyo, Pull&Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius e outras marcas.
Durante 16 anos estivo á fronte do grupo e agora seguirá como presidente da súa Fundación. Pablo Isla e Gonzalo Hinojosa tamén deixan de ser conselleiros.
O grupo téxtil eleva o seu beneficio neto a 3.157 millóns de euros | Ortega ingresará 1.256 millóns.