España e Portugal reciben 50.000 euros do Premio Princesa de Asturias polos incendios

Irán destinados ás vítimas e a paliar os danos dos incendios forestais.


|


Incendios galicia


As vítimas dos incendios de España e Portugal recibiron, da man da Unión Europea, a dotación de 50.000 euros do Premio Princesa de Asturias da Concordia 2017.


A entrega tivo lugar nas marxes do cume de líderes europeos nun acto no que participou o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, o primeiro ministro de Portugal, António Costa e os presidentes do Parlamento Europeo, Antonio Tajani, e da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker.


A dotación repartirase a partes iguais de 25.000 euros para cada país, e irán destinados ás vítimas e a paliar os danos dos incendios forestais que sufriron ambos os países nos últimos meses. No caso de España, a cantidade canalízase a través da Dirección Xeral de Protección Civil.


No acto, o presidente do Goberno agradeceu o xesto a Juncker, Tajani e o presidente do Consello europeo, Donald Tusk, e lembrou que se fai a unhas rexións afectadas por incendios "verdadeiramente duros" que provocaron a morte "de moitos seres humanos".


“A esencia” da Unión Europea


Rajoy tamén lembrou que o acto de entrega do premio en Oviedo foi "fermoso" e "europeísta", e viu no galardón o recoñecemento de "os esforzos e o traballo que levaron a cabo ao longo destes anos en defensa dos intereses dos europeos e unha aposta clara por unha maior integración", da que destacou como factor fundamental a “solidariedade” entre países.


O primeiro ministro portugués sumouse ao agradecemento por ese sentimento de solidariedade das institucións comunitaria, “a verdadeira esencia da natureza europea”.

relacionada O PP poderá aprobar en solitario as conclusións dos incendios grazas á súa maioría
relacionada Catro concellos lucenses reciben a axuda da Xunta tras os incendios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE