Catro concellos lucenses reciben a axuda da Xunta tras os incendios

Cevantes, Chanta, Negueira de Muñiz e Folgoso do Courel reciben as actuacións da Administración.


|

Tierraquemada


A Xunta, a través da Consellería do Medio Rural, está a realizar actuacións en catro municipios da provincia de Lugo para paliar os efectos dos incendios forestais rexistrados nos últimos meses. Alí traballan ou o farán en próximas datas medio centenar de traballadores, que desempeñan o seu labor nunha superficie dunhas 70 hectáreas.


Concretamente, o departamento que encabeza Ángeles Vázquez traballa "ou ten previsto facelo en breve" nos concellos de Cervantes parroquias afectadas de Noceda e Donís, pertencentes a Cervances, Ernes, pertencente a Negueira de Muñiz, Esmeriz en Chantada e Meiraos, en Folgoso do Courel.


As tarefas, cuxa conclusión está prevista para finais de mes, consisten en técnicas de acolchado de palla ('mulching' manual ou 'helimulching', se se emprega un helicóptero para repartir o material). Ademais, tamén se instalaron barreiras para evitar arrastres de cinza en caso de fortes choivas e hase triturado a madeira queimada que non é posible comercializar.


Como apunta a Xunta, os traballos de prevención ante o risco de arrastres foron priorizados debido á chegada este domingo da borrasca 'Ana', que está a deixar fortes precipitacións en gran parte do territorio galego.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE