A comunidade venezolana en Galicia entre nervios e esperanza
A sorpresa foi sido súbita entre a comunidade venezolana en Galicia, aínda que recoñecen que “en vista do que se estaba esperando e toda a forza militar que ten Estados Unidos no Caribe, suponse que a única forza que pode facer este tipo de ataques selectivos e en todo o país é o exército americano”. As noticias en canles internacionais apuntan que aliados de Maduro como o presidente de Colombia, Gustavo Petro, fixeron un chamamento ao respecto da integridade territorial dos países e a non atacar á poboación civil.
O presidente da Federación de Venezolanos en Galicia (FEVEGA) referiuse ás explosións habidas na capital venezolana, Caracas. Até o momento, Pérez recibiu vídeos desde Venezuela a través de redes socialles: “todo o mundo confirma ataque americano, porque o volume de avións foi moi grande e foron numerosos os puntos que se atacaron”. A sorpresa foi sido súbita entre a comunidade venezolana en Galicia, aínda que recoñecen que “en vista do que se estaba esperando e toda a forza militar que ten Estados Unidos no Caribe, suponse que a única forza que pode facer este tipo de ataques selectivos e en todo o país é o exército americano”.
As noticias en canles internacionais apuntan que aliados de Maduro como o presidente de Colombia, Gustavo Petro, fixeron un chamamento ao respecto da integridade territorial dos países e a non atacar á poboación civil. Desde Galicia, Manuel Pérez sinala que se enviaron mensaxes aos seus parentes de que non saian á rúa mentres non se estabilice a situación.
Sobre outros aliados de Maduro como Rusia ou China, Pérez sinala que “eu creo desde o meu punto de vista, que Rusia ten bastantes problemas con Ucraína neste momento e trata de zafarse dunha guerra a miles de quilómetros de distancia e sumando toda a forza militar despregada por Estados Unidos no Caribe, unha forza de intervención inmediata pola proximidade que ten Estados Unidos a Venezuela”.
A comunidade venezolana en Galicia considera moi desproporcionado o equilibrio de forzas estadounidenses e venezolanas neste momento, incluso a diferenza en orzamentos militares non ten comparanción.
O outro aliado de Maduro, China, Fevega asegura que “segundo o que estamos a ver, hai moito tempo xa foi sacando apoios a Venezuela, non é de agora senón hai tempo” Nestes momentos, o único aliado que pode ter Maduro “é a guerrilla colombiana”. Desde Irán, outro aliado, tampouco se espera ningunha resposta ante un panorama interno “bastante complicado”.
A poboación civil
Sobre a poboación civil, as mensaxes enviadas desde Venezuela FEVEGA, transmiten mira: “mandeilles audio, pero non me puiden comunicar, porque hai algúns sectores que non teñen comunicación e outros non teñen luz. E as informacións que teñen alí, en vista do que teñen Maduro pecho, os medios de comunicación e todo, un pouquiño limitada a comunicación, pois moitos se decatan a través doutras persoas. E en Venezuela non se di absolutamente nada, senón o único que se está movendo son as redes sociais como o Instagram ou o Whatsapp”
Escribe o teu comentario