A melloría do coronavirus segue acelerando coa menor cifra de positivos en case dous meses


As últimas cifras do coronavirus en Galicia confirman que a melloría acelera. Os 238 positivos é a menor cifra desde o 6 de outubro. Con todo, o máis importante é que é que todos os indicadores de contagios seguen á baixa. Desgraciadamente, non sucede aínda o mesmo coa curva de mortes. Aínda onte morreron 12 persoas. Imos acabar novembro con case 300 mortos, preto de 10 ao día.


|

As últimas cifras do coronavirus en Galicia confirman que a melloría acelera. Os 238 positivos é a menor cifra desde o 6 de outubro. Con todo, o máis importante é que é que todos os indicadores de contagios seguen á baixa. 

Desgraciadamente, non sucede aínda o mesmo coa curva de mortes. Aínda onte morreron 12 persoas. Imos acabar novembro con case 300 mortos, preto de 10 ao día.


A incidencia acumulada cae a 99 positivos por cada 100.000 galegos á semana. Se ampliamos o foco a dúas semanas, tamén baixa, de 239 a 231 positivos por cada 100.000 galego cada 14 días.


As dúas incidencias acumuladas levan á baixa polo menos desde mediados de novembro. A dúas tamén aceleraron caída recentemente.


Pódese deber isto a que o SERGAS faga menos test? En principio non. Se fose así, a taxa de positividade debería rebotar e, ao contrario, baixa. Agora está en 5,9% de media semanal e leva descendendo case unha semana. O último valor (4,8%) é o menor nun mes.


En todo caso nas últimas 24 horas leváronse a cabo un total de 5.470 probas que son unhas 1.500 menos con respecto á xornada anterior. Afortunadamente, na media de probas diarias non se perciben moitas oscilacións, a media leva unha semana sobre as 6.700. É lóxico que baixen algo as probas, ao descubrirse menos contagios hai tamén menos contactos estreitos.




A boa tendencia tamén se deixa notar no cómputo de casos activos. Hai 98 enfermos menos, o que supón un -1,2% respecto a as cifras do domingo. Fixándonos na tendencia e non no dato puntual, vemos que de media os casos activos están a baixar un 1,5% cada xornada.




DATOS POR ÁREAS

O flanco máis débil da recuperación galega é a moi dispar situación xeográfica. Mentres case toda a provincia de Ourense, salvo Valdeorras e A Limia, teñen xa unha incidencia moi limitada, as cousas non acaban de mellorar noutras comarcas, como Pontevedra, o Val Miñor ou Bergantiños.


Hoxe Pontevedra, a pesar de ser unha das áreas sanitarias con menos poboación, é a segunda con máis novos diagnósticos, 54.  A mellor noticia hoxe achégaa a área de Vigo. Tras varias xornadas por encima dos 100 positivos diarios, hoxe só ten 35. 






As áreas de Ourense, 23 positivos, e de Santiago, 23, presentan unhas cifras que permiten ser optimistas para algún desconfinamiento perimetral o martes tras a reunión do comité clínico do SERGAS.


A área sanitaria da Coruña-Cee figura sumou  62 contagios, un menos que hai un día. A de Pontevedra-O Salnés é a segunda, con 54 novos positivos, tamén uno menos.

Pola súa banda, a área sanitaria de Vigo caeu desde o máis de centenar de infeccións ata tan só 35 novas (-74), mentres tamén baixaron en Lugo-A Mariña-Monforte, con 24 contagios (-6); e Santiago-Barbanza (-19). 


Por baixo do 5% de positivos onte estiveron catro áreas sanitarias: Ourense (2,2%), Vigo (2,3%), Lugo (3,5%) e Santiago (4%). Con todo, aínda están por encima do limiar da OMS as da Coruña (9,7%), Pontevedra (9,7%) e Ferrol (6,5%).


HOSPITALIZADOS

O balance hoxe dos hospitais é agridoce Aumentan a 484 os pacientes con COVID hospitalizados en Galicia  , dos que uns 406 están en planta. Sendo como é malo que rebote esta cifra, onte había 388, hai que ter en conta que a principios de novembro Galicia chegou a ter máis de 500 hospitalizados. Desde entón, a tendencia é á baixa, moi lentamente, pero á baixa. 


A parte doce pona o cómputo de pacientes en UCI. Son 78, tres menos que onte. Bastante menos dos máis de 100 que houbo este mes.


FALECEMENTOS


A peor das noticias é que esta caída de enfermos en UCI débese en parte a falecementos. Onte pereceron 12 enfermos. De media, desde que empezamos novembro, están a falecer máis de 9 persoas ao día. 


O total o total de vítimas mortais da pandemia elévase a 1.191. De seguir a este ritmo, pronto Galicia dobrará a suma de mortes que sufriu na primeira onda, algo máis de 600.


 



IN2IO coronavirus en galicia desde agosto evoluci n diaria (27)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE