O galego Rodrigo Conde e Aleix García, subcampións do mundo de remo

Obtiveron hoxe a medalla do prata na final do campionato, celebrada na República Checa, cun tempo de 6:10,52


|

Rodrigo conde
Rodrigo Conde, esquerda, e Aleix García, dereita, proclamados hoxe subcampións mundiais / Foto: @COE_é

O galego Rodrigo Conde, natural de Moaña, e o seu compañeiro o catalán Aleix García obtiveron hoxe a medalla de prata nos finais de dobre scull masculino dos Mundiais de remo, converténdose así en subcampións do mundo.

 

Un tempo de 6:10,52 foi o que levou ao segundo posto aos dous españois, tan só superados polos franceses Hugo Boucheron e Matthieu Androdias que lles sacaron pouco máis dun segundo de vantaxe. O título obtido hoxe en Racice (República Checa) é o segundo a nivel mundial que obtén a parella española.

 

Os dous españois tiveron unha saída rápida, pero pronto foron superados polos franceses e os australianos. Aos segundos, conseguiron pasalos a pouca distancia da meta, conseguindo así eles o segundo lugar.

 

A medalla de García e Conde é a segunda que gaña España en remo dobre scull, despois doutro segundo posto de Jaime Canalejo e Jaime García. Ademais, o galego e o catalán xa conseguiran tamén unha medalla de prata a semana pasada en Múnic, que os levou a ser subcampións de Europa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE