Excelentes datos na gráfica do coronavirus en Galicia: menor número de hospitalizados desde o inicio do estado de alarma

Galicia, Cataluña e Canarias son as únicas que non están mandado datos regularmente sobre os positivos identificados mediante estudo de anticorpos, Ssegún despréndese Máis dunha semana despois do inicio do estudo de seroprevalencia, no que o SERGAS está a usar ducias de miles de probas de anticorpos, o Goberno galego aínda non anunciou ningún resultado, oficialmente.


|

As cifras publicadas este domingo son francamente boas. Tanto as do Ministerio como as da Xunta.


Galicia acumula un total de 9.876 casos confirmados medidante PCR ou test de anticorpos. É probable que a principios da nova semana supere os 10.000 contaxiados.




CONTAGIOS

Respecto onte, hai 65 novos positivos confirmados. Son 9 máis que o día anterior, pero o importante é que Galicia acumula xa 5 dos últimos 8 días por baixo dos 100. De confirmarse a tendencia a próximas xornada, o país baixaría un novo chanzo na pandemia.


Algo moi necesario para avanzar no desconfinamiento, pois de todos os indicadores era este, o de novos contagios, o máis preocupante ata hai pouco. A semana anterior houbo un repunte e a mediados da presente tamén, aínda que este último rebrote, máis pequeno, estivo alimentado pola inclusión de 128 contagios detectados mediante os test de anticorpos.


Probas de anticorpos sobre as que a Xunta deixou de informar o Ministerio a diario. Galicia, Cataluña e Canarias son as únicas que non están mandado datos regularmente sobre os positivos identificados mediante estudo de anticorpos, Ssegún despréndese 


Máis dunha semana despois do inicio do estudo de seroprevalencia, no que o SERGAS está a usar ducias de miles de probas de anticorpos, o Goberno galego aínda non anunciou ningún resultado, oficialmente. Extraoficialmente, filtrouse que os positivos por esta vía son moi poucos.




HOSPITALIZADOS


Outro indicar clave é o de persoas ingresadas en centros médicos. A súa evolución pódenos dar unha idea de como estaba a evolucionar os contagios fai un par de semanas.


Onte só cinco persoas necesitaron unha cama nun hospital. É a menor cifra desde o inicio do estado de alarma. 


En realidade, é a menor cantidade de ingresos diarios desde o inicio a pandemia, pero hai que ter en conta que antes do estado de alarma as actualizacións diarias de cifras eran moito máis erráticas.


A menor cantidade se, claro, excluímos o imposible -22 do 28 de abril. Entoces foi cando a Xunta empezou a contar da maneira que manda o Ministerio e como xa estaba a contar o resto de autonomías.


Desde o principio da crise necesitaron unha cama 2.774 persoas en Galicia. Con todo, o ritmo de hospitalizacións baixou muchísmo. Fai oito días que non ingresan máis de 15 enfermos nunha xornada. Hai que lembrar que no período mais duro era normal que ingresasen máis de 100. 


Dos case 10.000 contaxiados, o 60%, aproximadamente, xa se curou. Galicia supera por vez primeira os 6.000 curados. Lamentablemente, as cotenadas estatísticas entre Ministerio e Xunta impiden comparar a evolución diaria deste indicador máis atrás do 28 de marzo.





UNIDADES DE COIDADOS INTENSIVOS


A cifra de pacientes en UCI era quizá a máis importante nas peores semanas, cando o COVID-19 ameazou con tombar o sistema sanitario galego, como tombou o madrileño.


Afortunadamente, os datos destas xornadas nada teñen que ver cos de entón e esa ameaza desapareceu, polo menos ata a segunda onda.


Hai só 36 persoas nunha cama de críticos. A menor cantidade desde o 21 de marzo e, o que é máis importante, reflexo dun alivio, lento -só unha cama libre máis hoxe respecto onte- pero constante. 


Esas 36 persoas que están a loitar pola súa vida na UCI ocupan o 13% das 274 camas de críticos que o SERGAS dixo ter. Nos días máis duros, ocupaban o 65%, aproximadamente.




MORTES


Onte faleceron seis persoas en Galicia tras dar positivo nas probas de PCR. Todos eles en hospitais ou residencias medicalizadas. 


O número de óbitos no país era onte de 563. Aínda que o indicador de decesos en residencias leva días sen crecer -de feito onte diminuíu ao alegar a Xunta unha serie de erros ao contar-, os mortos en residencias supoñen o 22% do total. Se a eses engadimos os decesos en hospitais de persoas que vivían ou traballan en residencias, resulta que o procentaje de óbitos vinculados a estes centros en Galicia é dun 44%. 


De cada 10 persoas falecidas en Galicia, case 5 vivían ou traballan nunha residencia. Unha terrible proporción que nos dá idea de ata que punto o virus arrasou nestes centros.





DATOS DE ESPAÑA


Tan terrible é esta crise que a morte onte de 163 persoas en España pode soar como unha boa noticia. Desde o punto de vista puramente estatístico, o é; a menor cifra desde o 18 de marzo. Desde o punto de vista humano, segue sendo unha traxedia, van xa máis de 25.000 persoas falecidas no Estado.




Tamén o número de contagios coñecidos hoxe en España permite ser optimistas. Os 838 coñecidos hoxe é a cantidade máis pequena desde o día 10, cando non había nin estado de alarma.




A nivel internacional, a epidemia parece que se está acelerando en países como Brasil ou Ecuador.



Made with Flourish




5uVD5 hospitalizados en galicia por coronavirus







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE