Transmisión comunitaria de coronavirus en Boiro leva ao SERGAS para lanzar cribado masivo

Persoal de enfermería da área Sanitaria de Santiago e O Barbanza desenvolverá diversos cribados no municipio de Boiro (A Coruña), nos que se citarán a unhas 3.500 persoas.

|

O concello do Barbanza é o único ao que a Xunta endurece as súas restricións. O repunte de casos na área sanitaria de Santiago, que non na capital, pode ter que ver con este foco.


Persoal de enfermería da área Sanitaria de Santiago e O Barbanza desenvolverá diversos cribados no municipio de Boiro (A Coruña), nos que se citarán a unhas 3.500 persoas.


Centro de Saúde de Boiro

Centro de Saúde de Boiro  


COLECTIVOS AOS QUE SE CHAMARÁ
Segundo informou a Xerencia da área sanitaria, as probas levarán a cabo desde este venres ata o domingo en diferentes puntos, como o centro de saúde de Boiro ou no Hospital do Barbanza.

Así mesmo, desprazarase un equipo para realizar un cribado empresarial para facilitar a accesibilidade en grandes colectivos. Deste xeito, realizaranse probas aos profesionais da hostalería e tamén se citará á poboación de entre 35 e 44 anos con tarxeta sanitaria nesa localidade.

BOIRO ESTÁ PECHADO DESDE ESTE SÁBADO
A área sanitaria sinalou que estes cribados súmanse a outros máis selectivos xa realizados en días anteriores nestes concellos e que buscan detectar persoas infectadas coa covid-19 asintomáticas.

Nos últimos días incrementáronse substancialmente os positivos vinculados con este concello, que desde este sábado verá limitada a súa mobilidade cos municipios limítrofes.

A poboación será citada a través dun SMS no que figurará a hora e a dirección á que deben acudir, así como un Código QR para a súa identificación persoal. A toma de mostras será nasofarínxea para realizar PCR, que será analizada pola técnica pooling.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE