Os positivos ascenden un 30% e os hospitalizados por coronavirus un 25% desde Nadal
Os últimos datos en Galicia mostran que o coronavirus acelerou tras o Nadal. Por terceira vez no últimos catro días saltan máis de 400 positivos nunha xornada.
Os últimos datos en Galicia mostran que o coronavirus acelerou tras o Nadal. Por terceira vez no últimos catro días saltan máis de 400 positivos nunha xornada.
Os 422 novos diagnósticos coñecidos hoxe contribúen a alzar a incidencia acumulada semanal a case 100 positivos por cada 100.000 galegos. Este indicador disparouse un 30% tras o nadal. Está a niveis non vistos desde finais de decembro e leva ascendendo rápido desde fai máis dunha semana.
Abrindo o foco a dúas semanas, a incidencia acumulada sobe a 176, o máximo desde o 5 de decembro. A súa curva mostra un aumento paulatino desde o 11 de decembro, pero máis acusado desde o nadal.
A taxa de positividade está desbocada. Terceira xornada seguida por encima do 8%, algo que xamais pasara nin no outono nin no que levamos de inverno. A media semanal ascende xa a un 7,5% de PCRs positivas, a peor cifra desde o 24 de novembro.
Este aumento da positividade explícase en parte polo parón nas PCRs do SERGAS. A Xunta chegou a Nadal realizando unha media de 8.500 probas cada día.. Agora a media caeu a unhas 5.300, ao redor dun 40% menos.
CASOS ACTIVOS
A baixada de probas non impediu que aumente o número de infectados. Por exemplo, hoxe crece un 3%, que é o maior aumento nun día desde o 4 de novembro. Son 178 infectados máis nun só día.
A media semanal salta a un aumento do 1%, cada semana. É o peor rexistro desde o 8 de novembro. Todo indica, por tanto, que o repunte acabará dejandose notar pronto na presión hospitalaria.
CONCLUSIÓNS
Con todas estas cifras sobre a mesa, pódese inducir que:
A pandemia deu un salto desde o nadal. Como de grave é a situación? É difícil de estimalo pois a gran caída de PCRs enturba a serie de positivos.
Recorrendo á curva de hospitalizados, allea ao baile de probas, o panorama é bastante preocupante. Galicia chegou a Nadal con 265 hospitalizados en planta e ten agora 334. É dicir, en dúas semanas a presión hospitalaria ha crecido un 25%.
Así as cousas, parece temerario que o SERGAS se expoña relaxar as medidas signficativamente, polo menos a nivel galego. De feito, a reunión deste luns avaliará se atrasar o inicio do curso escolar deste venres ao luns da próxima semana.
DATOS POR ÁREAS SANITARIAS
A nivel local, si hai zonas que están a mellorar, pero son as menos. Por exemplo, Santiago de Compostela, que sumou máis de 100 positivos moitas xornadas e hoxe conta só 43.
A Coruña é a área que máis positivos achega hoxe, 103 de total de 422 de Galicia. Isto é debido aos malos datos da capital, pero tamén de concellos próximos como Oleiros e Arteixo. Máis análise en detalle dos datos de hoxe a nivel municipal e de área autonómica nuns minutos en Galiciapress.
Escribe o teu comentario