Sobe por primeira vez desde o pico da terceira onda de covid a incidencia acumulada a dúas semanas

Os casos activos baixan outra vez tras o rebote de onte, pero é a menor baixada desde o 3 de febreiro, no pico da terceira onda.Os indicadores semanais e a dúas semanas están practicamente planos.


|

Os últimos datos do coronavirus confirman que estamos próximos a un punto de inflexión onde a pandemia volverá gañar terreo, se non o alcanzamos xa. 


Os casos activos baixan outra vez tras o rebote de onte, pero é a menor baixada desde o 3 de febreiro, no pico da terceira onda. Pola súa banda, os positivos encadean o terceiro día seguido de alzas. 


Os indicadores semanais e a dúas semanas están practicamente planos. A incidencia acumulada a sete días sitúase en 33,1 diagnósticos por cada 100.000 galegos, unha variación mínima desde o 33,5 de onte. Fai xa nove días que a súa curva oscila poquísimo, entre 33 e 34.





Abrindo o plano, a incidencia acumulada a dúas semanas tamén está practicamente plana. Hoxe crece un pouco, sobe de 67 a 68,3. É a primeira vez que este indicador aumenta desde o 30 de xaneiro, no pico da terceira onda.


Loxicamente, as esperanzas de que estes indicadores caian a nivel de risco baixo antes do inevitable repunte afástanse cada vez máis, debido a estas planicies. 


Por exemplo, a incidencia acumulada bisemanal necesita descender a 50 para que Galicia salga do risco medio actual e coa actual traxectoria antóllase imposible caer a esa cifra:


IelUz  i incidencia acumulada bisemanal de coronavirus en galicia i



A taxa de positividade deixou de reducirse a principios de marzo. A súa media móbil semanal tocou fondo o día 7 co 1,8% de PCRS positivos, mellor resultado en toda a pandemia ata a data. Desde entón empezou a aumentar, aínda que moi paulatinamente, está no 2.1% tras o 2,2% de onte. En todo caso, son boas cifras, o problema non é a falta de test, polo menos por agora. 


EVOLUCIÓN DO CAMBIO DE CASOS ACTIVOS


A derivada da curva de infectados mostra hoxe un descenso do -1%. Recupera os valores negativos (o que nesta gráfica é unha boa noticia) tras o +0,1% de onte. Con todo, ese -1% é a cuarta peor cifra desde o pico de finais de xaneiro:


A media semanal segue perdendo fol a un ritmo considerable. Está no -2,8%, cando chegou alcanzar o -6,6% no cenit da recuperación para mediados de febreiro. 


Todas estas cifras queren dicir que o SERGAS segue tendo que xestionar cada día menos pacientes, pero que esa diminución cada día é de menor calibre. A este ritmo, o número de casos activos empezará a crecer, desde unha perspectiva semanal, antes de que acabe marzo, posiblemente a finais da próxima semana.


CONCLUSIÓNS

Con todos estes números á nosa disposición, podemos inferir que:


  • A pandemia xa non retrocede nin desde o punto de vista semanal nin desde o punto de vista a dúas semanas.
  • Tampouco, por agora, ascende de maneira relevante; o que é unha boa noticia vendo que outras zonas de Europa como Francia empezan a ser golpeadas por outra onda. A mala noticia é que a planicie actual implica que a melloría tras a terceira onda concluíu.
  • Agora só queda saber cando impactará unha nova onda e con que virulencia. A predominancia da cepa británica incrementa o perigo da próxima onda respecto a as anteriores. Por outra banda, o feito que unha parte da poboación, aínda que pequena, xa fose vacinada diminúe o perigo.
  • Hai relación entre o alivio das restricións e o fin da melloría? Hai concordancia, o cambio de tendencia sucede poucas semanas despois do primeiro alivio das restricións. Concordancia non implica causalidade, pero é evidente que a canto máis mobilidade, máis contagios, como demostraron a terrible resaca de as nadal. 


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS

Os casos activos soben en dous distritos sanitarios, Vigo e Lugo. Repuntes que teñen que ver cos brotes no Hospital Álvaro Cunqueironunha granxa de Sarria, respectivamente.





Vigo é a área onde os positivos crece máis, arrebatándolle esta dubidosa honra á Coruña. Afortunadamente, ningún distrito supera os 50 positivos e só Ourense, A Coruña e Vigo superan os 10. En Ourense, por certo, só quedan dous enfermos críticos. Máis análise a nivel de áreas sanitarias e de municipios nuns minutos en Galiciapress.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE