Coronavirus por concellos: Boiro, Sarreaus, Rodeiro e Santiago emperoran; Vigo o que máis mellora

En segundo lugar, porque se produce unha semana despois do alivio das súas restricións. A ninguén se lle escapa que a evolución de Compostela e Ourense, as primeiras urbes que se beneficiarion do relajamiento, pesará no ánimo dos expertos do SERGAS á hora de decidir posibles novos alivios.No outro lado da balanza está hoxe Vigo, con -35 positivos hoxe respecto ao cómputo a 14 días de onte.


|

A análise xeográfica dos últimos datos do coronavirus mostran varios puntos débiles na mellora xeral de Galicia. Preocupante sobre todo é o que Santiago de Compostela empeza a acompañar a Boiro no seu empeoramento. A nivel comarcal,  Bergantiños e Vigo son as que máis melloraron recentemente.


A nivel municipal, as maiores subidas hoxe son en Boiro (+24 positivos hoxe respecto ao cómputo a 14 días de onte), Sarreaus (+19), Rodeiro (+7) e  Santiago (+5).





A pesar de que a cifra de Santiago cidade non aparenta ser moi preocupante si é significativa. En primeiro lugar, porque supón o segundo día de crecemento. En dous días a capital de Galicia ten 10 positivos máis. En segundo lugar, porque se produce unha semana despois do alivio das súas restricións. 


A ninguén se lle escapa que a evolución de Compostela e Ourense, as primeiras urbes que se beneficiaron do relajamiento, pesará no ánimo dos expertos do SERGAS á hora de decidir posibles novos alivios.


No outro lado da balanza está hoxe Vigo, con -35 positivos hoxe respecto ao cómputo a 14 días de onte. O resto de cidades galegas tamén perden diagnosticados: A Coruña - 8,  Ferrol -1, Ourense -4, Lugo -9 e  Pontevedra -6. 


Son boas noticias sobre todo para Ferrol, pois o recente brote no poboado chabolista da Teixeira parece que non está a producir máis positivos, pois tanto Ferrol como Narón perden positivos.


En concellos máis pequenos, Boiro segue sendo o que máis sofre. O seu cómputo creceu onte en 19, hoxe en 24. Unha semana despois de que a Xunta decretase o seu confinamento perimetral, non logrou corrixir o seu rumbo.


Preocupante a cifra de Sarreaus, un pequeno concello da Limia en Ourense. Alí a Xunta completou un cribado debido á alta presenza de asintomáticos. O SERGAS dixo que detectou 12 positivos no cribado de Sarreaus. Con todo, o cómputo total sobe hoxe en 17.


DATOS POR ÁREAS SANITARIAS


Reducindo o zoom, vemos que a nivel de áreas sanitarias Santiago tamén leva a peor parte, con 32 casos activos máis. É a segunda xornada seguida que crecen os infectados alí, algo que non pasaba desde que Compostela logrou dobrar a curva a principios de novembro. Un dato preocupante que, en principio, levará á Xunta a non relaxar máis as restricións, polo menos en Boiro.


Os casos activos caen no resto de áreas. Moi notable a caída na área de Vigo, con 74 infectados menos nunha soa xornada. Pontevedra, que fora a área sanitaria que mais tardou o dobrar a súa curva, parece que encarrila o seu descenso con case dúas semanas seguidas de caídas de casos activos.




RESTRICIÓNS


A espera de que se reuna o Comité Clínico do SERGAS, as restricións seguen sendo as mesmas que o pasado venresO presidente mostrouse onte optimista para poder aliviar as limitacións aos aforos á hostalería.




InXUz coronavirus por concellos de galicia nbsp  (2)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE