Récord absoluto de positivos á semana de coronavirus pero a letalidade está en mínimos

Os 1.259 novos positivos por PCR comunicados hoxe contribúen a alzar a incidencia semanal a niveis xamais vistos en Galicia.


|

Os 1.259 novos positivos por PCR comunicados hoxe contribúen a alzar a incidencia semanal a niveis xamais vistos en Galicia. Afortunadamente, o ritmo de ascenso segue decrecendo e polo menos hoxe as hospitalizacións non se disparan.


Onde hai unha melloría cada vez máis espectacular é na taxa de letalidade, que se pode consultar no menú despregable do seguinte gráfico. No pico da terceira onda, a taxa de letalidade a 30 días chegou a ser case do 4%. É dicir, morría case 1 de cada 25 diagnosticados. Ese índice caeu ata poñerse no 0,1%. É dicir, falece aproximadamente 1 de 1.000 positivos. Un exemplo clarísimo do beneficioso que é vacinarse canto antes.





incidencia acumulada semanal sobe de 343 a 347 positivos por cada 100.000 galegos. É a peor cifra de toda a serie histórica de datos que Galiciapress actualiza a diario desde agosto de 2.020 cos números oficiais do SERGAS. 


É posible que na primeira onda o covid circulase máis que agora, pero como non había test suficientes nin para os sintomáticos as estatísticas dese período non son comparables.


YDGpQ incidencia acumulada a 7 d as (1)



incidencia acumulada a 14 días ascende de 623 a 641. Un salto de 18 puntos que confirma que este indicador aínda non dá mostras de aplanarse.


O dobre da incidencia semanal (694) é maior que a incidencia bisemanal (641). Isto quere dicir que a última semana foi peor que a penúltima.


Con todo, a razón de taxas segue polo bo camiño. Hoxe baixa de 1,1 a 1,08. Todos os valores superiores a 1 indican que a pandemia está a acelerar. Canto máis próximo a 1, menos forte é esa aceleración. Afortunadamente, a razón de taxas leva caendo xa case dúas semanas seguidas. De repetir descensos como o de hoxe, alcanzará o 1 a finais de semanas. Entón sería cando poderiamos dicir que se produce o pico de positivos, desde unha perspectiva semanal. Desde unha perspectiva diaria, encadeamos xa cinco xornadas sen bater o récord.


A taxa de positividade onte foi do 15,8% das PCRs. Sendo como é unha cifra horrible, é a menos mala dos últimos doce días.


SITUACIÓN DOS INDICADORES NO SEMÁFORO DE ALERTAS

Segundo os criterios do semáforo de alertas oficial, a taxa de positividade de Galicia segue no peor dos niveis posibles. Correspóndelle nova normalidade ás autonomías cunha media semanal superioral 15%. A media semanal galega cae hoxe por vez primeira desde o inicio da quinta onda, outro indicio de que non estamos lonxe do pico, pero aínda está no 17,4%. 





A incidencia media tamén está en risco extremo. A súa curva perdeu bastante pendente na última semana, pero aínda non acaba de aplanarse do todo. No mellor dos escenarios, alcanzaremos o pico a fin de semana, pero é máis probable que sexa a seguinte semana, como indicou onte o presidente da Xunta.






EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados crece hoxe un 2,62% . Isto axuda a que a media móbil a sete días, o indicador máis significativo, siga na boa dirección, aproximándose a 0, pasando do +5.9% ao +5,3%.



En canto esta media chegue a cero significará que o SERGAS xa non está a ter que xestionar máis pacientes a cada día que pasa. De seguir este ritmo, isto pasará a mediadosde a próxima semana.


En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un descenso  +474 ,que deixa o total en Galicia en  18.535  casos activos. 


CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:

  • A pandemia segue crecendo en Galicia, pero os sinais de que se aproxima un pico de positivos son cada vez máis fortes. Cae por primeira vez nesta onda a media da taxa de positividade, a razón de taxas segue aproximándose a 1 e a curva da derivada de casos activos segue achegándose a 1. 
  • Cando se producirá o pico de contaxios? A incidencia semanal é probable que empezo a baixar a próxima semana. Con todo, ante o atraso de varios días entre as estatísticas e  a transmisión no mundo real, é posible que se estea producindo ou esteamos moi preto de conseguilo.
  • Alcanzar o pico de contaxios é importantísimo porque Galicia xa soporta uns niveis de positivos xamais vistos. A incidencia semanal está en niveis récord, algo incrible se lembramos que en xuño soñabamos, e con razón, con alcanzar a nova normalidade en xullo.
  • De non ser polas vacinas a situación sería gravísima. A vacinación segue reducindo a taxa de letalidade, cuxo índice semanal está en mínimos históricos, 0,1%. Hai que ter en conta que ata a chegada das vacinas a taxa de letalida en Galicia era de, aproximadamente, o 2% e que no pico da terceira onda a media móbil mensual chegou a ser do 3,81%.


DATOS POR ÁREAS

Ourense foi a área que primeiro recibiu o impacto do pico da quinta onda e está a ser a primeira en empezar a recuperarse. Hoxe suma unha cifra modera de novos positivos, 109. Vigo e A Coruña son os distritos con máis novos diagnósticos, 305 ambos.



 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE