155 galegos morrerán por coronavirus ata novembro, prevé un modelo matemático da Universidade de Washington
Se alcanzamos un uso case universal da máscara (que a leve o 95% da poboación en todo contacto social) a previsión de mortes ao 1 de novembro cae de 774 a 695.
Son os rebrotes que estamos a sufrir o primeiro capítulo dunha crise tan dura como a que pasamos na primavera? Esta é a pregunta que fanse miles de galegos ante un coronavirus que leva máis dunha semana acelerando en Galicia.
Imposible respondela, polo menos con certeza absoluta. Iso si, os modelos matemáticos e epidemiolóxicos permítennos intuír a probable evolución do COVID-19.
Gráfica da previsión de falecementos diarios en Galicia por COVID-19 do IHME
Un dos modelos máis influentes é o do Institute for Health Metrics and Evaluation (IHME), un centro adscrito a a University of Washington. Donald Trump enarborou os seus datos cando esta primavera amagó con tomar medidas contra o coronavirus, presumindo que o modelo baixara ata uns 66.000 decesos en vez dos máis de 100.000 mortos previstos en Estados Unidos por entón. Pouco durou o confinamento en moitos estados e rapidamente previsión de mortos do IMHE volveu disparar. Na actualidade prevé 73.000 decesos máis en EE.UU, ata sumar 230.000 mortes en total, ata 1 de novembro.
A previsión do IHME é que 774 persoas falecerán por coronavirus desde o inicio da pandemia en Galicia e ata o 1 de novembro. Como a cifra oficial do Ministerio de Sanidade é de 619 óbitos, o modelo estima que haberá 155 falecementos máis.
Como de fiable é este modelo? Como todas as previsións epidemiolóxicas, a súa fiabilidade descende a medida que a previsión é máis afastada. A curto prazo, iso si, a experiencia confirmou as súas previsións . Por exemplo, o 25 de xullo o IHME predixo 26 novos infectados en Galicai no 1 de agosto. Ese día houbo 28 polo menos, segundo datos do SERGAS.
Este tipo de estudos son moitísimo máis incertos a medio prazo. Así, para o 1 de novembro, a súa previsión é de 774 mortes acumuladas, pero o arco de incerteza varía desde as 643 ata máis do dobre, 1.394. Noutras palabras, podería haber, como mínimo, só 24 falecidos novos e como máximo 775, algo que se antolla improbable pois supoñería duplicar as mortes xa contabilizadas.
EN SETEMBRO DISPARARANSE OS CONTAXIOS, ESTIMA O MODELO
Este elevado nivel de incerteza lastra as conclusións que se poden sacar da previsión de novos casos. O IHME estima que irán aumentando lentamente este mes, ata chegar a uns 70 positivos ao día a principios de setembro. O problema é que a mediados dese mes, o modelo estima que o COVID-19 acelerará ata rozar os 350 positivos ao día a principios de outubro e máis de 2.250 a principios de novembro.
Como de malas son estas previsións? Moi malas, polo menos en aparencia. Hai que lembrar que no pico de finais de marzo se cofirmaban en Galicia uns 430 casos ao día.
Agora ben, aquelas 430 eran infeccións confirmadas, as que o SERGAS lograba detectar e as 2.250 que prevé o IHME para novembro son infeccións estimadas. A pesar de ser un dos máis eficaces de España, ata Marzo o SERGAS só era capaz de confirmar un 15% dos contaxios reais, segundo púidose deducir comparando as cifras de positivos PCR coa porcentaxe de anticorpos descuberto nos estudos serológicos masivos.
Por tanto, se detectando só o 15% o SERGAS chegou a localizar 430 positivos ao día, poderíase estimar que en realidade durante o pico en Galicia poderíanse haber producindo en realidade sobre 2.900 casos diarios. Así que as 2.250 infeccións que prevé o peor escenario do IHME non son tan malas noticias.
PREVÉ 8 MORTOS DIARIOS, CANDO HOUBO 20 NO PICO
Por tanto, a previsión de contaxios estimados do IHME situaría ao país en novembro nun escenario algo mellor que o da primavera, pero aínda así moi complicado. Habería uns 8 falecementos a mediados de outono fronte aos 20 diarios que causou o pico de primavera.
E quñe pasará despois de novembro? Este modelo non permite por agora estimar a evolución da pandemia máis aló desa data, pese un dos modelos que máis se aventura no futuro.
En definitiva, de ser certas estas previsións, Galicia está a sufrir só o principio dunha segunda onda, que acelerará tras o verán ata situar á pandemia a mediados de outono en niveis sensiblemente inferiores ao drama vivido na primavera, niveis, iso si, moi relevantes tanto en mortes como, sobre todo, en contaxiados.
NA NOSA MAN ESTÁ
Estamos condenados pois a revivir aquelas traxedias? En ningún caso. O propio modelo calcula outro escenario, notablemente mellor.
Por exemplo, se alcanzamos un uso case universal da máscara (que a leve o 95% da poboación en todo contacto social) a previsión de mortes ao 1 de novembro cae de 774 a 695. Iso son só uns 50 mortos máis dos que levamos agora, un terzo aproximadamente dos 155 que debuxa o peor escenario.
Se Galicia logra este elevadísimo nivel de uso de máscaras, os contaxios estimados esborrallaríase desde os 2.250 diarios ata os 945, un 42% menos. Eses 945 positivos diarios serían aproximadamente un terzo do que alcanzamos durante o pico de primavera.
Para perfilar este escenario máis optimista o IMHE calcula a incidencia observada en Singapura, un dos países con mellores datos debido á popularidade das máscaras, aínda que nin así logrou esquivar un repunte do virus este verán.
En definitiva, as matemáticas indícannos que por diante queda un camiño aínda duro, pero menos duro que o xa percorrido e que na nosa man está suavizalo moitísimo ata a chegada da ansiada vacina.
Por exemplo, o modelo non ten en conta os confinamentos parciais, como o decretado na Mariña e o que podería haber nalgunhas zonas da Coruña.
Escribe o teu comentario