Mobilizacións nunha xornada de folga por Palestina con protestas en moitas localidades

A folga convocada este mércores en Galicia en solidariedade con Gaza e o pobo palestino ha deixado unha xornada marcada por algúns paros en centros de traballo, concentracións en rúas e prazas e unha sucesión de actos sindicais e políticos que puxeron o foco na denuncia do xenocidio en Gaza e a inacción da Unión Europea. Desde primeira hora da mañá, os piquetes informativos e as mobilizacións converteron as principais cidades galegas en escenarios de protesta cun grao seguimento minoritario pero do que aínda non hai cifras concretas. 

 


|

 

Concentraciu00f3n al mediodu00eda en Prateru00edas por la huelga general por Palestina
Concentración ao mediodía en Praterías en Santiago pola folga xeral por Palestina

 

 

 

 

Mentres #UXT e CC.OO. promoven paros de dúas horas por quenda, a #CIG convoca unha folga de catro horas por quenda  e centrais como #CXT e CUT organizan unha folga xeral durante toda a xornada deste 15 de outubro. Este mosaico de convocatorias evidenciou a existencia de sensibilidades diversas dentro do movemento sindical galego respecto ao alcance da protesta, aínda que o obxectivo común foi reclamar o fin da ocupación israelí e xustiza para Palestina.

 

As primeiras accións producíronse de madrugada, cando afiliados de UXT e CC.OO. concentráronse fronte a centros industriais como Stellantis, en Vigo, e Navantia, en Ferrol, coincidindo co final da quenda de noite. Horas despois, as mobilizacións estendéronse a outros puntos do territorio. 

 

Na Laracha, a CIG protestou ante a planta de Celsa Atlantic, e en Santiago , sindicalistas e colectivos solidarios situáronse fronte ao aeroporto e no supermercado Gadis de Montero Ríos, ademais de no Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS)

 

Tamén en Compostela, varios varios centenares de persoas concentráronse ao redor das 13 horas na Praza de Praterías gritando en favor do boicot a Israel e acusando á Unión Europea de complicidade. Previamente, piquetes recorrienron a zona vella.  

 

En Vigo , estudantes e sanitarios sumáronse ás accións no #IES Politécnico e fronte ao complexo sanitario, mentres grupos organizados pola CUT realizaban piquetes informativos e concentracións en distintas empresas. En paralelo, militantes propalestinos achegáronse aos xulgados de Santiago, onde mostraron o seu apoio ao nove activistas detidos hai un ano durante outra manifestación similar. Alí esixiuse o boicot a Israel e sinaláronse as responsabilidades da Unión Europea polo seu papel fronte á ofensiva sobre Gaza.

 

Na Coruña, a xornada tivo un dos seus momentos máis visibles coa manifestación convocada polo Sindicato de Estudantes, que reuniu a varios centenares de mozos desde o Obelisco até a praza de María Pita.

 

 

 Foi unha das marchas máis concorridas do día e xunto a ela participaron representantes sindicais, aínda que a maioría do público eran alumnos en folga. Desde primeira hora, outras mobilizacións paralelas xa percorreran as rúas coruñesas: a #CIG saíu desde a praza de Vigo, con paradas que causaron cortes de tráfico puntuais cara a praza Pontevedra; mentres tanto, CC.OO. e #UXT concentrábanse na contorna da Torre de Hércules.

 

 

 

A Xunta de Persoal do Concello da Coruña tamén organizou unha concentración no Palacio de María Pita, á que asistiron a alcaldesa Inés Rey, o equipo de goberno socialista, e varios concelleiros do #BNG e do #PP. O portavoz nacionalista Francisco Jorquera acudiu tras participar na marcha da CIG, reforzando a imaxe de transversalidade política dunha convocatoria que uniu distintas forzas baixo o mesmo mensaxe de repulsa ao xenocidio palestino.

 

 

 

Desde o ámbito político, o Bloque Nacionalista Galego (#BNG) sumouse á xornada con paros en institucións e administracións, incluídos o Congreso dos Deputados e o Parlamento galego, onde a metade dos seus representantes ausentáronse da sesión de control. A formación anunciou ademais que doará o salario correspondente ás horas de paro á Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina (UNRWA), como xesto de visibilización da emerxencia humanitaria en Gaza.

 

 

 

A participación do BNG contrasta coa neutralidade do Goberno galego, que non se pronunciou publicamente sobre a folga máis aló de garantir o cumprimento dos servizos mínimos. A Xunta de Galicia estableceu un funcionamento normal en urxencias sanitarias e na loita contra incendios, con nivel do 100% operativo, e un 57% de actividade no transporte de viaxeiros. Os centros educativos debían permanecer abertos baixo a responsabilidade do seu director ou un docente suplente, un criterio que permitiu manter a actividade mínima nunha xornada de alto contido simbólico.

 

Manifestaciu00f3n en Vigo en una foto de Anticapitalistas GZ
Manifestación en Vigo nunha foto de Anticapitalistas GZ

 

Tarde de protestas e nova convocatoria

O calendario de mobilizacións continuou durante toda a xornada. Pola tarde, #UXT e CC.OO. convocaron unha manifestación ás 19:00 horas ante a Delegación do Goberno, en pleno centro da Coruña, mentres a #CIG preparou a súa unha hora máis tarde desde o Obelisco. Prevese que ambas as marchas reúnan a boa parte dos participantes da mañá e sirvan para pechar un día de mobilización intensa.

 

 

 

A #CXT, pola súa banda, quere manter viva a presión e animou á cidadanía a redobrar o esforzo contra a inacción dos gobernos europeos, insistindo en que a protesta non se pode quedar en xestos simbólicos senón que debe ter continuidade no debate político e diplomático. A súa concentración vespertina, que coincide coa de estudantes e outros colectivos, apunta a ser unha das máis multitudinarias do día. 

 

 

 

Desde o punto de vista institucional, a xornada transcorreu sen incidentes graves. Os servizos públicos esenciais funcionaron con normalidade, e aínda que a participación foi notable nalgúns sectores industriais yn o ámbito educativo, os sindicatos valoran positivamente a resposta. A #CIG subliña a “ampla implicación social” e a lectura política do conflito como algo que “afecta a todos os ámbitos da vida”. #UXT e CC.OO. sinalaron que as mobilizacións demostran unha solidariedade crecente en Galicia cara ás vítimas en Gaza e que seguirán esixindo accións diplomáticas concretas ao Goberno de España e a Unión Europea. Ninguén deu datos porcentuais concretos.

 

A CUT e a #CXT  insistiron na necesidade de manter a folga total, criticando o que denominan unha “reacción insuficiente” das institucións autonómicas e estatais fronte ao conflito.  CUT non deu porcentaxes."Cun 100 por 100 de servizos mínimos esenciais a patronal promovendo paros para desmobilizar a convocatoria, cremos que hoxe a folga xeral disputar coa mobilización masiva nas rúas. As desta tarde ás 19 horas e con que consigamos que ningunha palestinas máis sexa asasinada polo réxime sionista dende hoxe. Hoxe as cifras son unha farsa. Ao debemos atender è ás cifras de asasinadas palestinas", indica esta central.

 

Bibliotecarios de Anxel Casal secundaron las protestas por Palestina
Bibliotecarios de Anxel Casal secundaron as protestas por Palestina nunha foto de BAMAD

Galicia no mapa da protesta europea

No contexto internacional, a xornada galega inscríbese na onda europea de folgas de solidariedade con Palestina promovida por colectivos sindicais e estudantiis/estudantís, que tivo tamén eco en cidades como Barcelona,  Madrid, Lisboa, Bruxelas e Roma. 

 

 

Unha  mobilización transversal que combina o respaldo a Palestina coa crítica ás políticas exteriores europeas. A xornada conclúe coa sensación dun día de desunión entre sindicatos, pero de certa capacidade de mobilización de estudantes e parte da clase traballadora galega por un conflito que non lles afecta directamente. 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE