Maior acelerón do verán en Vigo e repunta A Coruña, mostra a gráfica de coronavirus por áreas sanitarias de Galicia

Galicia detectou nas últimas 24 horas 305 novos positivos por COVID-19 e o total de casos activos sitúase en 3.991 este xoves --144 máis que este mércores--, de acordo cos datos da Consellería de Sanidade.

|

Vigo sorprende coa maior subida de casos activos nun día desde o pico da primavera. As noticias da Coruña, que onte eran moi boas, hoxe vólvense a torcer.


Galicia detectou nas últimas 24 horas 305 novos positivos por COVID-19 e o total de casos activos sitúase en 3.991 este xoves --144 máis que este mércores--, de acordo cos datos da Consellería de Sanidade.

O número de persoas curadas na Comunidade alcanza as 13.039, cifra que supón un ascenso de 160 con respecto a onte. Ademais, elévase a cifra de mortos ata os 651 desde o inicio da pandemia co falecemento dunha persoa usuaria da residencia Orpea de Culleredo (A Coruña).






Todas as áreas rexistran subidas no número de casos activos e son as da Coruña-Cee e Vigo as que experimentan ascensos máis acusados.


Na Coruña hai un repunte con  38 casos máis. Non se chegou pois ao pico do rebrote, pese ao descenso de onte. Isto implica un crecemento do 2,74% nunha xornada. 


Segundo o doutor Luís Vázquez, deron positivo 101 test nas últimas 24 horas en área herculina , cunha taxa de positividade de case o 7%. O SERGAS realizou nesta área sanitaria 1.453 probas onte, de acordo ás cifras publicadas polo galeno responsable dun dos laboratorios máis importantes da cidade.




En A Coruña hai 1.425 casos activos, con cinco persoas críticas. Por concellos, o Concello de Carballo acaba de comunicar que ten 77 enfermos. Sada comunica 11 casos activos. 


Vigo sofre un notable acelerón de casos ata os 302, o que supón que son 33 máis que onte. A área olívica era unha das que mellor se estaba comportando recentemente. Con todo, o aumento de hoxe en Vigo é o maior rexistrado desde o inicio dos rebrotes.


O seu EOXI do SERGAS non comunicou por agora ningún novo foco. Con todo, ás vista das cifras de hoxe, é probable que os haxa.





RESTO DE ÁREAS

Na área de Lugo, que sofre un importante rebrote na residencia de Outeiro de Rei, hai 798 casos activos --12 máis que onte--; na de Ourense son 386 --24 máis, algúns procedentes de os tres rebrotes detectados onte na capital, Cea e Riós--; na de Pontevedra alcanzan os 271 --21 máis--; na de Santiago sitúanse en 659 --15 máis, probablemente varios relacionados co foco de "alto risco" do Multiusos e o novo rebrote detectado en bares de Lalín--; e na de Ferrol constan 150 --un máis--.


A actualización deste xoves, que toma os datos da tarde de onte, indica que en Galicia realizáronse 349.050 probas PCR, que son 5.039 máis con respecto a hai 24 horas.


Uq1eR coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia nbsp  (1)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE