domusvi

Un positivo en Domusvi Matogrande na Coruña reactiva o coronavirus nas residencias galegas
Un maior usuario da residencia Domusvi de Matogrande, na Coruña, deu positivo por coronavirus, de acordo cos datos actualizados este sábado polas consellerías de Sanidade e Política Social.
Familiares alertan que faltan enfermeiras en DomusVi San Lázaro, residencia con 53 falecidos, e a empresa négao

Fontes de Rede en Santiago de Compostela alertan que DomusVi San Lázaro "non ten enfermeiras suficientes para dar servizo aos seus residentes". Suposta falta de persoal que, en declaracións a Galiciapress, negan fontes oficiais da residencia, unha das máis golpeadas polo coronavirus, con 53 mortos.



DomusVi lanza un programa para previr e combater as secuelas do coronavirus e amplía a súa FP Dual

DomusVi, un dos principais operadores de residencias en España e un dos máis golpeados polo coronavius, lanza un programa de formación para os seus traballadores pensado especificamente para previr e combater as secuelas do Covid-19.O grupo destaca que o "Programa Futuro"  prestará especial antención a o "coidado emocional dos seus traballadores para que recuperen forzas tras o vivido e tomen conciencia das súas fortalezas e das aprendizaxes da crise".   DomusVi asegura que hai  unha "nova estratexia asistencial" na compañía.

A Fiscalía arquiva demanda contra DomusVi Barreiro (Vigo) e a Xunta, unha das interpostas pola xestión do coronavirus en residencias


A Fiscalía de Área de Vigo arquivou a semana pasada a investigación pola xestión da pandemia en DomusVi Barreiro. Así figura nun decreto do ministerio público ao que tivo acceso Galiciapress.

A directora de DomusVi San Lázaro relata como o SERGAS só hospitalizou aos residentes "máis válidos"


Galiciapress publica o correo electrónico íntegro remitido pola directora da residencia de Santiago a algúns familiares. Revela que "o protocolo indica derivar unicamente aos máis válidos, aos autónomos" e di que a tardanza en facer PCR puido contribuír a máis contagios de coronavirus. Consultada por Galiciapress, a Xunta insiste en que hospitalizou a todo o que o necesitou. Pola súa banda, DomusVi incide en defender o labor dos seus traballadores, compartir a dor das vítimas e deixar claro que sempre fixo o que lle mandou a Xunta.

A Xunta xamais mandou non hospitalizar a maiores con coronavirus, insiste o presidente Nuñez Feijóo
O presidente esgrime que "se deron altas en hospitais galegos" a persoas de máis de cen anos
​Ana Pontón (BNG): “Nunca máis a negociar co dereito á vellez digna, garantámolo cun servizo público de calidade”

Se todas as persoas que queremos un cambio galego e que decimos que este país merece un futuro mellor, que non podemos seguir vendo como se asfixia a Galiza, se vamos a votar o 12 de xuño e xuntamos esa esa forza na papeleta do BNG imos ter na oportunidade de abrir unha nova etapa de por en marcha un cambio galego.Como se lle queda o corpo ao escoitar a Vox dicir que Feijóo práctica políticas nacionalistas?

"Que se fodan, esconde os traxes aquí para nós, eu tamén querería un Ferrari" cita unha denuncia contra DomusVi e cargos da Xunta

Dúas familias de residentes presentan unha nova demanda contra cargos da Xunta e DomusVi pola súa “nefasta xestión da crise sanitaria na residencia de DomusVi Aldán-Cangas" citando falta de material, a súa repartición a dedo e que anciáns positivos compartiron habitación con negativos. Consultadas por Galiciapress, tanto a Administración como a cadea de residencias defenden o seu labor.

A Xunta nega que impedise a hospitalización de maiores con coronavirus, 132 morreron en residencias sen hospitalizar


Mandou a Xunta non ingresar en hospitais a pesonas maiores con dependencia severa e coronavirus? A Consellería de Política Social négao tajantemente, pese ao documento oficial que reza "exclusións: persoas con dependencia severa (grao II) e gran dependencia (grao III)" e a pesar de que 132 persoas morreron en residencias, sen ser hospitalizadas.

Expediente sancionador contra DomusVi por falta de enfermeiras meses antes do coronavirus


A Consellería de Política social ten aberto un proceso sancionador contra o grupo DomusVi por falta de persoal na súa residencia de Ribadumia desde moito antes da chegada do COVID-19. Así llo confirmaron fontes oficiais da Xunta a Galiciapress. Traballadoras denunciaron que os anciáns pasaron tres días sen curas.

Porqué faleceron máis de 50 anciáns dos 162 residentes de Domusvi San Lázaro en Santiago?
O pleno de Santiago aproba dúas iniciativas para reclamar que se investigue o sucedido nestas instalacións durante a pandemia
DomusVi, con 62 mortos por coronavirus nas súas residencias galegas, busca captar 115 millóns para seguir crecendo


Geriavi é matriz da cadea de xeriátricos DomusVi, triste coprotagonista da crise do coronavirus. Tres dos seus centros (Cangas-Aldán, Vigo-Barreiro e Santiago-San Lázaro) están entre as residencias con máis mortes en Galicia.

Cinco denuncias penais pola xestión do coronavirus en residencias galegas superan o primeiro filtro
A Fiscalía Superior de Galicia mantén activas cinco dilixencias penais que se abriron contra a xestión do coronavirus en residencias de maiores galegas, mentres que outras dúas seguen en trámite pero non gardan relación coas residencias, outras cinco foron arquivadas por leste mesmo organismo e dous non gardan relación co COVID-19.
Tres dos catro maiores brotes de coronavirus en residencias son en centros de DomusVi
O número de altas entre usuarios e traballadores de residencias de maiores seguen en aumento, pero 1.180 casos de coronavirus permanecen activos nestes centros (861 residentes e 319 empregados).
Familiares denuncian a Xosefina Fernández, a CEO de DomusVi que ata hai pouco recibía premios de mans da Xunta
As denuncias afectan a 42 xeriátricos de Galicia con casos de COVID-19, á CEO de DomusVi de España e a dous cargos da Xunta
(VÍDEO) Superar o coronavirus con patoloxías e na terceira idade é posible: unha centenaria de Santiago é o exemplo
Este "pequeno milagre" produciuse despois de que a paciente fose diagnosticada o pasado 23 de marzo
Unha residente do DomusVi de Barreiro dá positivo por coronavirus na residencia de Nigrán habilitada para reunir aos maiores sans
Un dos maiores trasladados á Residencia de Tempo Libre que a Xunta ten en Nigrán (Pontevedra), e que foi habilitada para reacoller a residentes de xeriátricos que non estivesen afectados polo coronavirus, deu positivo en COVID, segundo confirmaron fontes de Sanidade e de Política Social. Trátase dunha muller que fora trasladada a Nigrán desde a residencia DomusVi de Barreiro.
"Por que tivo que vir o coronavirus para que soubesen as deficiencias en DomusVi?"


En DomusVi Cangas hai polo menos 11 mortos por coronavirus e outros cen contaxiados. Son máis do 75% de todos os residentes. O día despois de que a Xunta interviñésea o centro una das novas enfermeiras definiu a situación como "unha puta tolemia". Esta semana outro grupo de operarios alertou que contaxiados compartían habitación con non contaxiados, algo que negan tanto a Xunta como Trega, quen di que isto terminou pouco despois de que o Goberno tomase as rendas. E no medio de todo este drama hai centos de familias ansiosas, sufrindo. Unha delas é a de Álvaro González Cidrás, cuxa nai é unha das residentes. Álvaro relata a Galiciapress o sucedido e reflexiona sobre o futuro duns centros que entende non debería volver a mans privadas. 

Maiores con coronavirus compartiron habitación con maiores sen COVID-19 ata o día 1 en DomusVi Cangas, apunta Trega

Na residencia DomusVi de Aldán Cangas xa non están mesturados os anciáns cos que deron negativo en coronavirus. Así o afirma un comunicado de Traballador@s de Residencias de Galicia (Trega).

​DomusVi Santiago ten 82 usuarios con coronavirus e familiares piden a intervención da Xunta

A empresa recoñeceu que 82 residentes do centro deron positivos nos test de coronavirus e os familiares dos usuarios piden ao Goberno de Galicia que actúe na residencia de San Lázaro, como xa fixo con outros centros da cadea. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE