DomusVi lanza un programa para previr e combater as secuelas do coronavirus e amplía a súa FP Dual
DomusVi, un dos principais operadores de residencias en España e un dos máis golpeados polo coronavius, lanza un programa de formación para os seus traballadores pensado especificamente para previr e combater as secuelas do Covid-19.O grupo destaca que o "Programa Futuro" prestará especial antención a o "coidado emocional dos seus traballadores para que recuperen forzas tras o vivido e tomen conciencia das súas fortalezas e das aprendizaxes da crise". DomusVi asegura que hai unha "nova estratexia asistencial" na compañía.
DomusVi, un dos principais operadores de residencias en España e un dos máis golpeados polo coronavius, lanza un programa de formación para os seus traballadores pensado especificamente para previr e combater as secuelas do Covid-19.
O grupo destaca que o "Programa Futuro" prestará especial atención a o "coidado emocional dos seus traballadores para que recuperen forzas tras o vivido e tomen conciencia das súas fortalezas e das aprendizaxes da crise".
DomusVi asegura que hai unha "nova estratexia asistencial" na compañía. As súas claves son impedir que o virus volva entrar nas residencias - xa non queda ningún contaxiado en centros de Galicia- e, ademais, aprender a frenalo se finalmente cóase.
Estes novos protocolos "van aplicar de maneira sistemática nos próximos meses" cunha formación específica enriesgo laborais "certificada externamente por AENOR".
DomusVi é a maior rede de centros sociosanitarios de España con, segundo cifras propias, máis de 25.800 prazas dispoñibles en 200 centros residenciais e de atención diúrna. Está dirixido por unha galega, Joséfina Fernández, e no país opera case todas as residencias que no seu día construíron as caixas e que xestionaban a través de Geriatros.
MOMENTO CLAVE
O anuncio do novo programa adhoc contra o coronavirus chega nun momento clave para todo o sector e esta firma. No punto de mira da opinión pública tras a elevada incidencia do coronavirus en varios dos seus centros -en Galicia, por exemplo, 3 dos 4 máis afectados eran desta multinacional-, enfróntase ademais a numerosas demandas xudiciais expostas por familiares de enfermos e falecidos.
FP DUAL
Por outra banda, o grupo anuncia que amplía o seu programa de Formación Profesional Dúal. A empresa asegura que o ano pasado formou a 78 alumnos galegos en 26 centros de traballo en especialidades como auxiliar de enfermería ou ciclo medio de atención a dependentes.
Durante a crise todas as operadoras tiveron dificultades para cubrir as baixas das súas empregadas, moitas afectadas polo COVID-19 ou que tiveron que gardar corentena.
É probable, ademais, que aumente a demanda de traballadoras no sector pois as administracións posiblemente incrementen os cocientes de traballadoras obrigatorias. Por exemplo, o candidato do PP e presidente da Xunta Alberto Nuñez Feijóo mostrouse partidario recentemente de aumentar o cociente de enfermeiras.
Escribe o teu comentario