​Ana Pontón (BNG): “Nunca máis a negociar co dereito á vellez digna, garantámolo cun servizo público de calidade”

|

Feijóo leva 11 anos de presidente enon fixo “nin unha soa” praza en residencias públicas. Nesta entrevista preelectoral con Galiciapress, Ana Pontón lanza esta crítica e outras contra un mandatario que ve como precursor de Abascal e Vox. Fronte a isto, a candidata do BNG reclama un goberno non sumiso a Moncloa, que aposte pola ciencia e a industria, nacionalizando Alcoa por exemplo. Na súa opinión, o gran cambio pendente no país e termos unha presidenta nacionalista.


Ana Pontu00f3n co lema de precampau00f1a do Bloque, que pon o foco na su00faa persoa como posu00edbel primeira muller presidenta do pau00eds


Ana Pontón co lema de precampaña do Bloque, que pon o foco na súa persoa como posíbel primeira muller presidenta do país


Unha das palabras de moda é madrileñofobia, con esas indicacións de Feijóo dicindo que está preocupado pola chegada de turistas. Ciudadanos e Vox estano a criticar. Como ve o BNG chegada de persoas de fóra de Galicia?


Creo que hai dous debates que son diferentes. En primeiro lugar, nós nunca imos criminalizar a ningunha persoa sexa cal sexa a súa procedencia. Agora ben, cremos que apertura da actividade ten que facerse de maneira segura e esa debe ser a premisa coa que se traballe. En segundo lugar, non poñer o foco na madrileñofobias senon en que o gran problema político que nós temos neste momento é o centralismo madrileño que pensa que todo empeza e acaba en Madrid. Feijóo é centralista e dende logo nunca vai cuestionar nada que toque eses privilexios de Madrid. Dáme a sensación de que esas palabras teñen moito de demagóxico e que hai que entendelas en clave electoral. Sobre todo si no seu momento, cando empezamos a ter noticias do virus o que se tiña que ter pedido era pechar Madrid, non porque lle teñamos aversión a ningún territorio, senón porque alí había un foco de contaxio. Nese momento cando era importante de tomar esta decisión, Feijóo estivo calado; polo tanto eu creo que ahora quere tamén tapar a súa responsabilidade.



Foi cando Néstor Rego, o deputado do BNG, decidiu quedarse en Madrid ...


Sí, e reclamamos que se pecharan os focos de contaxio que fundamentalmente era Madrid; aínda que tamén estaban algúns focos na Rioxa, en Igualad,a en Cataluña, pero o foco fundamenta foi ese. Non é madrileñofobia ou terlle fobia a ninguén, é simplemente describir unha realidade e sinalar un erro que importante que se recoñeza porque si temos un rebrote no futuro, que non se cometan os mesmos erros desta xestión por que non ter pechado Madrid no seu momento foi unha gran irresponsabilidade, pero é unha irresponsabilidade compartida entre o goberno central e o presidente da Xunta, que nunca fixo esa reclamación.



Falemos das residencias de ancianos. A dereita española está poñendo o foco na responsabilidade de Pablo Iglesias, cando as competencias sobre residencias son autonómicas. Segundo as cifras oficiais morreron 127 personas en residencias sen chegar a poñer o pé no hospital. Feijóo di que a decisión de non trasladar eses 127 casos tomárona médicos, que non houbo ningunha orde da Xunta de non trasladar os residentes aos hospitais. É necesario investigar políticamente isto?



Creo que é fundamental que podamos investigar o que pasou nas residencias. Eu tamén me pregunto porque houbo 127 persoas que morreron nas residencias e que non se trasladaron a un hospital. De feito, nós mesmos pedímoslle durante a pandemia á Xunta de Galicia que se trasladara aos hospitais a todas as persoas maiores que tiñan o Covid e que era necesaria esa intervención. Ao longo destas últimas semanas coñecemos dúas noticias que son certamente preocupantes. Unha, un protocolo no que se decía que os enfermos máis graves non se trasladaran e non houbo ningunha aclaración convincente por parte da Xunta, salvo esconderse detrás dos profesionais como si esto non fose unha decisión política. En segundo lugar, coñecemos a noticia de que nun dos focos de coronavirus, a residencia Domus Vi de Santiago, onde morreron máis de 50 dos usuarios, desde que se solicitou levar a esas persoas ao hospital até que a Xunta actuou pasaron catro días, é inexplicable que unha decisión deste calado tarde tanto tempo porque é evidente que, se iso é certo, houbo unha neglixencia importante da que en última instancia responsable o presidente da Xunta como máximo responsable de toda a xestión da crise. Polo tanto, unha investigación é fundamental e será un dos primeiros compromisos e unha das primeiras iniciativas do BNG na próxima lexislatura.


Nestes once anos Feijóo non construíu nin unha soa residencia pública no noso país, ni unha soa praz



Esta residencia non foi intervida administrativamente pese a ser unha das que tivo máis mortos en Galicias. As estatísticas indican que nas residencias públicas houbo moitísima menos proporción de mortes respecto ás residencias xestionadas por entidades con ánimo de lucro. Incluso as privadas pero xestionadas por entidades sen ánimo de lucro teñen mellores cifras que residencias privadas con ánimo de lucro, do modelo Domusvi ...



En Galiza temos moi poucas prazas de residencias públicas porque a maioría son prazas de residencias privadas. O feito alarmante que un colectivo de 20.000 persoas concentre case a metade dos falecementos que se produciron no noso país. É evidente que o modelo privatizador nesta crise vimos como é ineficaz, cando se intenta facer negocio do coidado das persoas maiores esto acaba tendo consecuencias nefastas, polo tanto temos que cambiar ese modelo cunha aposta moi clara, que nunca máis se faga negocio do dereito na vellez digna y eso iso so se garante a con servizos públicos de calidade. Nestes once anos Feijóo non construíu nin unha soa residencia pública no noso país, ni unha soa praza. Non é casualidade, é o deseño e xa vimos cales son as consecuencias dese deseño.



Falando xa de temas máis electorais, queríalle preguntar polas enquisas. Ningunha da posibilidades á esquerda de construir una coalición de Goberno, salvo unha que publicou o PSOE antes da crisis. Parece que Feijóo ten garantida a maioría absoluta ...



As enquisas non deixan de ser previsións, o que vale é o resultado das urnas. Os estudos demoscópicos poden ser a foto fixa dun momento, pero sempre teñen problemas de credibilidade. Nun contexto como o que estamos vendo no que as cousas cambian una manera tan rápida, dunha semana a outra, as enquisas ás veces acertan e outras fallan. Pronosticaron que Trumpo perdería, que Susana Síaz seguiría na Junta de Andalucia ...


O que si nos din os estudos demoscópicos, e eu deulle credibilidade como tendencia, é que hai unha maioría de galegos e galegas que queren cambio. De feito case seis de cada dez galegos apostan por un cambio, o problema é que sete de cada dez non o ven posible. Ahí se ve a campaña encuberta que está facendo o Partido Popular e a dereita mediática, queren desmobilizar o voto que quere cambios. Se todas as persoas que queremos un cambio galego e que decimos que este país merece un futuro mellor, que non podemos seguir vendo como se asfixia a Galiza, se vamos a votar o 12 de xuño e xuntamos esa esa forza na papeleta do BNG imos ter na oportunidade de abrir unha nova etapa de por en marcha un cambio galego.



Como se lle queda o corpo ao escoitar a Vox dicir que Feijóo práctica políticas nacionalistas?



Eu creo que Abascal é un demagogo, que tanto di unha cousa como a contraria. Abascal militou canda Feijóo no mesmo partido, son dúas caras da mesma moeda.


Galiza necesita un goberno coas mans libres e non sumiso nin a Madrid nin a ninguén.


Das súas palabras deduzo que vostede garante aos seus votantes que, no caso de que a esquerda sume, fará todo o posible por un goberno de coalición.


Os gobernos de coalición fraguaranse despois do día 12 de xullo. Se os cidadáns apostan con claridade por un cambio o BNG non vai fallarlles, pero eso si nós traballamos condición de liderar ese cambio porque realmente neste país a escolla é entre dous proxectos, por un lado está un proxecto inmobilista e conservador do PP, que xa vemos de que non sirve para sacar o país adiante; por otro lado está o proxecto do BNG que é un proxecto que quere que Galiza teña máis poder político, que Galiza teña máis ferramentas para poder enfrontar a crise, un país novo que apueste pola ciencia e por acabar coa precariedade, polo coidado do medio ambiente. Esas son as dúas opcións, por un lado está o cambio galego do Bloque e por outro o resto de forzas políticas que veñen ofrecendo máis do mesmo dicir, que se moven entre o conservadurismo o a sumisión a Madrid. Galiza necesita un goberno coas mans libres e non sumiso nin a madrid nin a ninguén.



Falaba da crisis económica que temos enriba. É factíble nacionalizar Alcoa San Cibrao para salvar centos de empregos?



Eu creo que é a única saída que hai, é legal e posible . Sorprende que os que na que nacionalizaron as perdas da banca, porque non nacionalizaron a banca, nacionalizaron as perdas da banca con 90.000 millóns de euros, nos digan agora que non se pode salvar unha factoría dun sector estratéxico e da que depende o 30 por cento do produto interior bruto de toda a provincia de Lugo é máis de 2.000 postos de traballo. En fin, esta opción que neste momento é a única viable, una intervención pública a través dunha nacionalización na que participen tanto a Xunta como o Goberno do Estado e unha tarifa eléctrica galega. Son incapaz de comprender que teñamos unha produción enerxética que é unha riqueza tan grande e sen embargo temos miles de postos en risco precisamente polos custes da electricidade cando temos a produción aquí polo que nos debería ser máis barata . Ttemos que acabar con este disparate de unha regulación eléctrica que é una auténtica ruina para Galiza.



Até agora a gran aposta económica de Feijóo foi promocionar Galicia como destino turístico e o Xacobeo. O turismo parece que vai ser un sector con moitos problemas. Que propón o bloque como motor da recuperación económica de Galicia máis alá do turismo?



Entendemos que neste momento hai varias claves nas que traballar nas sociedades post-covid. Hai que acelerar todo o que ten que ver coa innovación e coñecemento. Facer diso o noso eixo estratéxico de desenvolvemento. A segunda clave é que temos que temos que producir e nontemos capacidade para poder producir e innovar. Unha crise desta envergadura requeriría un gran acordo pola reactivación económica e social que permita que esta crise non a paguemos os de sempre.



Se Feijóo precisa a Vox para gobernar vaille pasar factura en aspectos como o tema lingüístico. Cánto se xoga o galego nestas eleccións?



Teño moitas dúbidas de que Vox vaia ter representación, non creo que xa que esa opción teña posibilidades. A política lingüística de vox e a política de Feijóo son a mesma, coinciden no programa de demolición da lingua galega. De feito Feijóo foi un precursor de Vox, porque políticas que se están aplicando en otras partes impulsadas pola extrema dereita aplicounas Feijóo aquí antes, contra lingua e tamén contra os dereitos das mulleres e tamén fomentando privatizacións do sistema sanitario. Con este curriculum pretende presentarse como un moderado, cando realmente o que é un camaleón, no fondo a súa acción política é dun españolismo recalcitrante.


“O gran cambio pendente en Galiza é termos unha muller nacionalista presidenta”


Houbo debate no BNG sobre cal é a mellor opción, apoiar un goberno de esquerdas dende fóra ou participar nel?



Presentámonos a estas eleccións non coa convicción de que o gran cambio a ver neste país é que por primeira vez teñamos un a muller presidenta nacionalista.

relacionada Antonio Ramilo (Vox): "Permitir a chegada de turistas é urxente, pero con medidas sanitarias"
relacionada O BNG pide axudas para universitarios afectados economicamente polo coronavirus
relacionada Porqué faleceron máis de 50 anciáns dos 162 residentes de Domusvi San Lázaro en Santiago?

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress