Yolanda Díaz non ten ningunha intención de liderar Podemos Galicia nin de asumir responsabilidades na vida interna do partido morado. Así llo acaban de deixar claro portavoces da ministra de Traballo a Galiciapress esta mañá.
O presidente galego aproveita a súa vitoria para poñerlle deberes a Pedro Sánchez. Agora ben, tamén promételle ser "leal" e defender o estado das autonomías.
As provincias máis urbanas, A Coruña e Pontevedra, onde a esquerda adoita sacar os seus mellores resultados foron as que menos acudiron aos colexios electorais
Histórica e incontestable vitoria persoal de Alberto Nuñez Feijóo. Histórica porque iguala o récord de Manuel Fraga, con catro maiorías absolutas seguidas. Incontestable porque a esquerda galega volve fracasar no seu enésimo intento de construír unha alternativa crible ao PP, pese ao gran resultado do Bloque.
Así se pronunciou tras votar este domingo na Coruña, onde incidiu en que a mobilización da cidadanía debe producirse "con calma" e "determinación", así como en que os comicios autonómicos representan unha oportunidade para "fortalecer a democracia". O BNG DEMANDA LAMENTA QUE Os POSITIVOS NON POIDAN VOTAR A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, chamou este domingo á particicipación electoral para "facer historia" nun momento "decisivo" para Galicia e lamentou que "centos de galegos non poidan exercer un dereito fundamental como é o dereito ao voto", en alusión aos positivos por COVID-19, cuxa prohibición a acudir ás urnas foi avalada pola Xunta Electoral Central.A líder da formación frontista foi a candidata máis madrugadora, xa que votou pasadas as 9,15 horas deste domingo en Santiago, onde remarcou que os galegos "se xogan o futuro" nestes comicios autonómicos.
Esta foi a primeira campaña na historia recente da autonomía galega que ningún candidato a presidencia cruza o Atlántico. O motivo? A pequeñísima participación da numerosa diaspora galega, lastrada polo voto rogado e as corentenas en Buenos Aires e outras urbes suramericanas.
A xestión da crise do coronavirus non lle pasou factura a Alberto Nuñez Feijóo, máis ben ao contrario, e desgastou ao PSdeG. Esta é unha das conclusións que se poden sacar na análise de 24 estudos electorais que hoxe publica Galiciapress.
Os socialistas están a facer da defensa da sanidade pública un dos seus eixos de campaña, consciente que o coronavirus retornou a primeira liña da opinión pública os recortes no SERGAS.
Os socialistas están a facer da defensa da sanidade pública un dos seus eixos de campaña, consciente que o coronavirus retornou a primeira liña da opinión pública os recortes no SERGAS.