Todas as enquisas das eleccións galegas #12J: case ninguén cuestiona outra maioría absoluta do PP


A xestión da crise do coronavirus non lle pasou factura a Alberto Nuñez Feijóo, máis ben ao contrario, e desgastou ao PSdeG. Esta é unha das conclusións que se poden sacar na análise de 24 estudos electorais que hoxe publica Galiciapress.


|

A xestión da crise do coronavirus non lle pasou factura a Alberto Nuñez Feijóo, máis ben ao contrario, e desgastou ao PSdeG. Esta é unha das conclusións que se poden sacar na análise de 24 estudos electorais que hoxe publica Galiciapress.


No principio do ano, o PPdeG non as debía ter todas consigo. Certo é que a única enquisa que os puxo por baixo da maioría foi unha encargada polo PSdeG, pero tamén é certo que outras dúas dábanlle unha maioría raspadísima, xusto no límite dos 38 deputados.


Despois de reactivadas as eleccións tras o pico do coronavirus, case ninguén cuestiona que Feijóo gobernará en solitario outra vez. Unicamente a enquisa de O Diario o 2 de xuño colocáballe outra vez no beirado dos 38 escanos. Agora ben, este medio, con liña editorial de esquerdas, acaba de publicar outra estimación na que concede aos conservadores 42 escanos. 




REALMENTE VOX NON TEN OPCIÓNS?

No bando da dereita non hai batalla, o PP arrasará. Só a última enquisa de O Español indica que Vox podería lograr un escano. As aparentes poucas opcións dos nacionalistas españois sorprenden.


Vox estivo a piques de arrincar un deputado pola Coruña nas últimas eleccións xerais. Ata metade da noite electoral estivo a lle disputar o ao BNG. Naqueles comicios, A Coruña elexía 9 representantes. O #12J a provincia eligirá 25.


Acertan os encuestadores ao negarlle opcións a Vox cando A Coruña reparte 25 deputados, se cando repartiu 9 estivo moi preto de entrar na repartición?  Tanto voto resta Feijóo a Vox ou tan mal levou Abascal a resposta ao virus? Saberémolo nun par de días. En todo caso, as expectativas de Vox eran altas, os de Santiago Abascal partiron a campaña cun obxectivo: 2 escanos pola Coruña e 1 por Pontevedra.


A quen ninguén dá opcións por agora é a Cidadáns. O cambio de tendencia impulsado por Inés Arrimada non está a favorecer á candidatura de Beatriz Piñeiro, polo menos nas enquisas.


PODE O BNG SUPERAR Ao PSOE?


A batalla preséntase máis encarnizada no flanco esquerdo. Certo é que ningún estudo puxo ao Bloque diante dos socialistas. Agora ben,  varios situaron ao a só un escano de distancia de o PSOE. En concreto, o último de A Voz onte e o do Faro o día 4. É máis, dúas estimacións prognostican un empate, a do Español onte e a da Voz o día 4.


Así que en termos xerais parece que os de Ana Pontón foron  coméndolle terreo aos de Gonzalo Caballero na recta final. Unha conclusión que se podería sacar ,de confirmarse estas cifras o domingo, é que a xestión do coronavirus por parte de Moncloa lastra ao PSdeG e impulsa aos nacionalismos e ao PPdeG.


A GUERRA CIVIL RUPTURISTA PASA FACTURA

De todos os partidos con representación, o máis golpeado  será case seguro En Marea. Ninguén lle dá opcións á súa colación con Compromiso por Galicia e Partido Galeguista, a marca Marea Galeguista. De non entrar no Pazo de Hórreo, a recado que se cuestionará o seu cambio de rumbo, pois antes do coronavirus En Marea decidira non competir para non prexudicar ás esquerdas.


Froito tamén a escisión de En Marea, aparece a marca Galicia en Común, plataforma de Podemos, ANOVA, Esquerda Unida e algunhas mareas localistas. É o partido cuns resultados máis incertos. Algunha prensa os situá en só 2 representantes, o que sería un gran trompazo pois é a mesma cifra que sacaron nas xerais, cando había moitísimo menos a repartir. 

Sorprendentemente, a cabeceira que máis opcións concedeulle foi a conservadora A Razón, que estimou 11 escanos o 29 de xuño, claro que unha semana despois lle prognosticaba só 3. Moitas previsións diversas para este contendente.  


No fondo, que Galicia en Común derrote a Marea Galeguista, que a tese de Feijóo de que votar a Vox ou Cs é tirar o sufraxio ou que o BNG supere ao PSdeG son simples escaramuzas. A gran  batalla é a do paralelo 38 e aí parecía que o PP levaba as de gañar.


UN CAMPO DE BATALLA INEXPLORADO


Parecía porque é evidente que o confinamento da Mariña e o rebrote de coronavirus en Lugo cambian o escenario político. Ningunha destas 24 enquisas realizouse tras o confinamento da costa de Lugo e xa non están permitidos novos estudos.


Ata que punto os maiores terán medo e non irán votar para non arriscarse a contaxiarse, prexudicando así en teoría a Feijóo?


Ou haberá máis medo nas cidades, onde sempre houbo máis COVID-19,  prexudicando así en teoría ás esquerdas?


As respostas, este domingo a partir das 20 horas na cobertura especial que fará Galiciapress.


J5VSJ todas as enquisas eleccións galegas 12j 2020 (1)




relacionada Cidadáns considera que pechar A Mariña só cinco días pon "á vella política por encima da seguridade"
relacionada Feijóo pide despolitizar a sanidade e ataca a Moncloa por "o atraso da alerta" que "custou miles de vidas"
relacionada Patricia Otero, número uno do PSOE por Lugo, confínase na Mariña e non participará no que queda de campaña

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE