Arangüena (PSdeG): "Os nosos datos mostran unhas eleccións moito máis abertas do que din as enquisas"




Galiciapress conclúe a súa serie de entrevistas electorais co número 1 do PSdeG pola Coruña. Pablo Arangüena tacha a Feijóo de "cínico e incongruente" por pedir non politizar o rebrote de coronavirus na Mariña e á vez atacar a Moncloa. Na súa opinión, esta crise demostrou que o seu rival só busca "manterse no poder". Alcoa e o liderado da esquerda galega son outros dos puntos desta conversación.


|

Galiciapress conclúe a súa serie de entrevistas electorais co número 1 do PSdeG pola Coruña. Pablo Arangüena tacha a Feijóo de "cínico e incongruente" por pedir non politizar o rebrote de coronavirus na Mariña e á vez atacar a Moncloa. Na súa opinión, esta crise demostrou que o seu rival só busca "manterse no poder". Alcoa e o liderado da esquerda galega son outros dos puntos desta conversación.


Outras entrevistas electorais en Galiciapress:


Miguel Tellado (PPdeG)

Ana Pontón (BNG)

Antón Gómez Reino (Galicia en Común)

Beatriz PiNo (Cidadáns) 

Antonio Ramilo (Vox)





PABLO ARANGu00dcENA




A primeira pregunta é obrigada, este mércores a maioría de alcaldes da Mariña, incluídos varios do PSdeG, reclamaron aprazar as eleccións na comarca polo rebrite do coronavirus. Vistos os datos, é evidente que non está controlado. Cre que os galegos e en particular os habitantes da Mariña poden ir votar con seguridade o domingo?


Consideramos que o líder do PP de Galicia actuou con total irresponsabilidade: onte había máis positivos só na provincia de Lugo (190) que en toda Galicia o 13 de marzo, cando se anunciou o estado de alarma, que eran 115. 


O persoal sanitario da Mariña denuncia que se omiten cifras e manipúlanse datos, imponse un peche de 5 días sen base científica algunha porque o período de manifestación de síntomas pode ser de 10 días e a corentena mínima de 14. 


Deberían suspenderse as eleccións na Mariña co acordo dos partidos, pero temos que animar á xente a que vote en toda Galicia


En base a todo iso cremos que deberían suspenderse as eleccións na Mariña co acordo dos partidos, pero temos que animar á xente a que vote en toda Galicia con responsabilidade e con todas as precaucións, porque é importante acabar co ciclo dun PP que sería letal pilotando a reconstrución económica e social en Galicia. Animamos á xente que se rebele democraticamente este domingo.


Que lle parece que o presidente non comparecese en rolda de prensa para explicar a corentena?


Pedimos reiteradamente que Feijóo compareza no Parlamento ou se reúna cos partidos, e deu a calada por resposta. É unha irresponsabilidade que demostra que só pensa en manterse no poder, como quedou xa demostrado cando se saltou o acordo cos partidos para non convocar mentres durase o estado de alarma.


Como se lle queda o corpo ao escoitar a Feijóo reclamar que non se politice o tema do coronavirus, despois de escoitalo a el atacar ao goberno central durante meses?


O mesmo día desta semana que Feijóo di que non hai que politizar o coronavirus, acusa o goberno de provocar “miles de vítimas” coa súa xestión. É imposible ser máis cínico e incongruente.


Falando de Lugo, Gonzalo Caballero nun mitin nesa provincia aludiu a dúas posibles ofertas de compra pola planta de aluminio de Alcoa San Cibrao. Con todo, está claro que Alcoa non quere vender, quere pechar. Así as cousas A solución pasa porque o estado interveña a fábrica temporalmente, mentres se concreta ese investidor privado?


A solución pasa por esperar ao resultado do ultimato que lanzou o Goberno esta semana: ou plan industrial con garantía dun marco enerxético estable ou venda a un investidor con posible participación estatal.


A única forza que pode catalizar o cambio é o PSdeG: non hai nin houbo nunca unha maioría nacionalista en Galicia nin a solución aos problemas do mundo -e de Galicia- pasa polo nacionalismo.

Di Galicia en Común que o voto útil da esquerda son eles, porque son os que están a disputar o último deputado para repartir na Coruña e Pontevedra. Di o BNG que o voto útil son eles por ser, din, os únicos sen ataduras con Madrid. Como convencería vostede a un votante de esquerdas de que o voto máis útil en Galicia é o do PSdeG?


A única forza que pode catalizar o cambio é o PSdeG: non hai nin houbo nunca unha maioría nacionalista en Galicia nin a solución aos problemas do mundo -e de Galicia- pasa polo nacionalismo. Nós, que somos galeguistas, somos tamén a casa común do progresismo e, por pura lóxica matemática, o único voto útil.


Ningunha enquisa deu ao PPdeG menos de 38 deputados desde que se reactivou a campaña. Teme que isto desanime aos votantes de esquerdas? Manexan enquisas propias?


Os nosos datos propios indican que a situación está moito máis aberta do que se quere transmitir e, ademais, nunca se votou nesta situación, polo que non hai antecedentes empíricos e, por tanto, está a aplicarse demasiada “alta cociña” ás enquisas. O ano pasado houbo un 55% de galegas e galegos que votaron a forzas progresistas en abril e novembro: esa maioría progresista segue aí, latente, e se se mobiliza haberá cambio.


Atreveríase a dar unha quiniela para o #12J, ou polo menos estimar un resultado para o PSdeG?


O PSdeG vai ser o catalizador do cambio na Xunta. Á parte diso non podo nin debo exercer de futurólogo. 


Outras entrevistas electorais en Galiciapress:

Miguel Tellado (PPdeG)

Ana Pontón (BNG)

Antón Gómez Reino (Galicia en Común)

Beatriz Pio (Cidadáns) 

Antonio Ramilo (Vox)

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE