A directora de DomusVi San Lázaro relata como o SERGAS só hospitalizou aos residentes "máis válidos"


Galiciapress publica o correo electrónico íntegro remitido pola directora da residencia de Santiago a algúns familiares. Revela que "o protocolo indica derivar unicamente aos máis válidos, aos autónomos" e di que a tardanza en facer PCR puido contribuír a máis contagios de coronavirus. Consultada por Galiciapress, a Xunta insiste en que hospitalizou a todo o que o necesitou. Pola súa banda, DomusVi incide en defender o labor dos seus traballadores, compartir a dor das vítimas e deixar claro que sempre fixo o que lle mandou a Xunta.


|

Galiciapress publica o correo electrónico íntegro remitido pola directora da residencia de Santiago a algúns familiares.  Revela que "o protocolo indica derivar unicamente aos máis válidos, aos autónomos" e di que a tardanza en facer PCR puido contribuír a máis contagios de coronavirus. Consultada por Galiciapress, a Xunta insiste en que hospitalizou a todo o que o necesitou. Pola súa banda, DomusVi incide en defender o labor dos seus traballadores, compartir a dor das vítimas e deixar claro que sempre fixo o que lle mandou a Xunta.



Email directora domusvi san lazaro a familias


A Xunta xamais mandou non hospitalizar a residentes maiores con coronavirus. Se morreron 132 anciáns en residencias galegas sen pisar o hospital, como mostran os datos da propia Xunta, foi porque así o decidiron os médicos en cada caso. Esta é a argumentación coa que se defende sempre o Goberno Galego ante as acusacións dos familiares dos falecidos.


Existen xa dous documentos que cuestionan esta argumentación. O primeiro, o xa coñecido protocolo da residencia integrada de Porta do Camiño, que obrigou a non ingresar dependentes severos neste centro habilitado de urxencia para acoller a residetnes positivos da área de Santiago. O SERGAS respondeu á filtración dese documento oficial dicindo que eses dependentes severos non quedaban na residencia, ían ao hospital.





O segundo documento, que contradi directamente a versión do goberno, é o correo electrónico que mandou a directora da residencia privada DomusVi San Lázaro de Santiago. Nel, G.M.G.B. acusa á Xunta de facer oídos xordos durante catro días aos seus intentos de que ingresasen aos primeiros anciáns con coronavirus. Segundo a súa versión, o goberno lavouse as mans entre o 19 e o 25 de marzo, cando accedeu a ingresalos, pero nun hospital privado, HM A Rosaleda:



Apareceron os 5 primeiros casos, comunicados desde Preventiva o día 18 ás 23 hs da noite. Convócase de forma urxente un comité de crise no centro(a pesar de que algún difamador ousa dicir que o equipo estivo na súa casa pasando o festivo, sucia calumnia).

O dia 19 de marzo empezouse a traballar con gran urxencia para conseguir derivar a estes cinco primeiros casos, pois todos tiñamos claro o que implicaría mantelos no centro. Non foi ata o domingo que desde a Conselleria infórmasenos que se derivasen ese mesmo dia, pola tarde. E deriváronse ao HM Rosaleda.



Por outra banda, o correo cuestiona en parte a explicación de Alberto Nuñez Feijóo cando lle preguntaron sobre o protocolo da residencia medicalizada Porta do Camiño.



"Aquelas persoas grandes dependentes que non poden moverse quedaban nas súas residencias de orixe e aquelas persoas dependentes e autónomas que podían moverse mandábanse a unha residencia integrada", respondeu no seu día o presidente da Xunta, quen garantiu que todas elas eran trasladadas a hospitais "cando tiñan dificultades sanitarias de acordo cos médicos". 


Con todo, G.M.B.G. apunta que foi a Xunta -e non os médicos contratados por DomusVi nin a dirección da residencia- quen decidiu que os grandes dependentes non fosen trasladados a hospitais:


O luns non temos ningunha chamada, nin ningunha proposta ou soporte por parte do Sergas. Así ata o mércores 25 de marzo, en que a dirección chama a Xerencia da área de Santiago pedindo unha presenza urxente no centro dada a gravidade da situación, pois os casos seguían aumentando. Ese mesmo dia ao mediodía preséntanse dúas directivas que me preguntan como estaba a situación, e que así darán traslado.

Ven complicadas as derivacións, pois a Residencia Integrada Porta do Camiño aínda non estaba do todo acondicionada. A miña mensaxe urxente era derivar canto antes todos os casos positivos ou derivar a todos os sans…pero non tiñan o recurso.

Ese mesmo venres infórmanme que empezan as derivacións a Porta do Camiño, pero a miña sorpresa é que me indican que o protocolo indica derivar unicamente aos máis válidos, aos autónomos. Polo que nos quedaban no centro os grandes dependentes, máis fráxiles, e case seguro os que peor evolucionarían ante un contaxio de Covid-19 . A dia de hoxe continuo preguntándome porqué este criterio….non o entendo.

 

QUEN TOMOU A DECISIÓN DE NON TRASALADAR A 22 PERSOAS?

É importante lembrar que DomusVi Santiago non foi intervida administrativamente, a pesar de ser a primeira residencia na que se detectou un brote de máis de 100 persoas e que si foron intervidas outras residencias menos afectadas.


 Isto é moi importante á hora de dilucidar as posibles responsabilidades nos xulgados, onde as familias pedirán responsabilidades. Ao nor intervir a Xunta ese centro, foi a empresa privada quen estivo sempre ao temón , aínda que o SERGAS mandáselle persoal médico.


Quen foi o responsable que os anciáns contaxiados e dependentes severos en DomusVi San Lázaro non fosen ingresados nin nun hospital nin sequera na residencia medicalizada Porta do Camiño? Foi unha orde política a Xunta? Foi unha decisión técnica de cargos da EOXI do Sergas de Santiago? Foi unha decisión médica os galenos enviados pola Xunta a DomusVi San Lázaro? Tomouna a dirección da residencia ou os sanitarios asalariados de DomusVi? Estaba xustificado médicamente en todos os casos non trasladar a estes maiores, xa que é práctica xerontolóxica común, xa antes do coronavirus, non prolongar o sufrimento dos anciáns levándoos a unha UCI cando non teñen opcións de sobrevivir? 


Son cuestións todas elas que terá que abordar a Xustiza. A única certeza que hai é que en Domusvi San Lázaro morreron polo menos 22 persoas sen pisar un hospital, segundo cifras oficiais. 


ORIXE DO PACIENTE CERO E TARDANZA NOS TEST

Outro dos aspectos craves do correo enviado pola directora, unicamente ás familias que pagaban prazas privadas segundo fontes dos familiares, é a responsabilidade do brote. En primeiro lugar, porque a responsable asegura que o paciente cero foi un ancián que mandaron de volta desde o hospital CHUS do SERGAS, onde se contaxiou.


De súpeto, un fatídico dia o centro tense que illar estritamente, aplicamos como vos comentei noutro comunicado os protocolos e recomendacións sanitarias e sociosanitarias como: determinado uso de epis segundo risco de contaxio, desinfeccións, único punto de entrada, bolsas vermellas, accesos restrinxidos….e todo iso porque o Covid-19 entrou no centro, un centro non preparado para un perfil de paciente infeccioso (ademais de ser un virus con alto poder de transmisión, virulencia e cruel coas persoas máis fráxiles)( coméntevos o do paciente cero, pois resulto ser un alta hospitalaria que nos chegou contaxiada)


En segundo lugar, porque afirma que a Xunta tardou tanto en facer as probas PCR ao persoal que varias traballadoras contaxiadas -pero asintomáticas- estiveron a coidar de maiores que deran negativo, o que propagaría o virus no que debía ser unha planta segura, onde vivían só anciáns que non deran positivo.


Ao longo destes días a mensaxe da dirección é claro: facer PCR a todos, a todos os residentes e a todos os traballadores, pois unha semana despois de ter máis e máis casos ninguén sabía quen estaba contaxiado, ninguén sabía a quen podía contaxiar….traballamos a cegas nun escenario duro, sendo criticados e demonizados na prensa, na radio, sen contemplacións…mentres seguiamos vindo a diario ao centro para coidalos, pero mortos de medo. E si, é certo, sen tempo a coller os teléfonos, pois a loita do Covid estabamos a librala en planta, mañá, tarde e noite. Laméntoo, pero tiñamos que estar fóra dos despachos, tiñamos que estar a garantir coidados, pois se nos dispararon as baixas, os enfermos e todas as mans fixeron falta, moita falta, mentres se nos acusaba de “impresentables”.

Séguese pedindo PCR, pero non chegan ata o 3 de abril, 14 días despois do brote….sen palabras.


En termos genreales, G.M.G.B.es moi crítica coa xestión da Xunta. Na súa opinión, por moito que se esforzase DomusVi e os seus traballadores, unha residencia xamais pode estar preparada para atender a maiores con tantas garantías como un hospital. A directora chega a dicir que estiveron "sós" durante "máis de 20 días" e que a achega do SERGAS foi só asesorar. Iso si, aplaude o traballo do equipo que comandou o doutor do SERGAS Ignacio Novo Veleiro, o galeno que a Xunta puxo á fronte da improvisada residencia integrada Porta do Camiño e que, segundo confirmaron fontes dos familiares, logrou salvar moitas vidas.


É en plena Semana Santa, con provedores pechados, cando a Xerencia e Inspección sanitaria acoden ao centro cun requirimento, cumpriuse en tempo record e foi por iso, polo que eles chaman esta coordinación, polo que Sanidade non interveu o centro. Porque fomos capaces de medicalizarnos en menos de 72 horas, e iso fixémolo por cada residente que aquí continuaba connosco, polo compromiso adquirido con eles e coas súas familias, por todos os traballadores que levaban sufrindo e suando desde o 19 de marzo, non podiamos deixar o centro á deriva, sen saber que ían facer nin como, tiñamos que tentalo e fixémolo. Estivemos sós, nós, o persoal DomusVi, durante máis de vinte días….e a dirección íanoslles a fallar. Por iso, o Sergas non interveu, continuamos traballando baixo o seu asesoramento con algunha indicación. E coordinados por suposto con Porta do Camiño, por certo querendo agradecer a excelente rigorosidade e eficacia do Equipo do Dr Novo, co que traballamos duro.



A Xunta EVITA ENTRAR EN DETALLES SOBRE DOMUSVI SAN LÁZARO

Que responde a Xunta ante acusacións de tal calado? Consulada por Galiciapress, a resposta que chega desde San Caetano é moi xenérica, esquiva por completo entrar no sucedido en concreto DomusVi San Lázaro. As claves da versión gobernamental é que todos o traslado, ou non traslados, decidíronos médicos e que xamais se negou a hospitalización a quen o necesitaba.


En Galicia todos e cada uns dous traslados de residentes se decidiron segundo criterios médicos. Ou 100% dás persoas maiores que necesitaban hospitalización foron hospitalizadas.

En ningún caso, en ningunha residencia, paralizáronse ou impediron derivacións. Todas as residencias dispoñen dun protocolo para ou manexo de casos positivos por coronavirus e sempre que existiron criterios sanitarios para a hospitalización, vos residentes foron hospitalizados.

En Galicia non se deu ningunha vida por perdida. Aquí vos profesionais sanitarios fixeron todos vos esforzos para curar ás persoas contaxiadas de coronavirus, tivesen a idade que tivesen, dentro e fóra dás residencias.

 

DOMUSVI INSISTE EN QUE FIXO O QUE MANDOU A Xunta

 Galiciapress también entrou en contacto con DomusVi por se a multinacional tiña algo que puntualizar ás palabras da directora. A resposta de fontes oficiais do grupo incide en acompañar na dor das familias. Sobre a evidente tensión coa Xuna, as  contestacións de DomusVi evitan aumentar a polémica, deixando claro iso si que sempre actuaron "baixo as indicacións da autoridade sanitaria do SERGAS".


1. Por qué entró el coronavirus en el centro?

A pandemia de coronavirus afectou á sociedade no seu conxunto, ao mundo no seu conxunto, pero impactou de cheo na poboación máis vulnerable e con máis patoloxías previas, os nosos maiores. Todos os maiores do país víronse, dunha ou outra maneira, afectados polo coronavirus. Os nosos maiores teñen unha media de idade de 87 anos e presentan patoloxías múltiples. Son extremadamente vulnerables. Esta realidade explica a incidencia do coronavirus nas residencias. Por iso, todos os traballadores de DomusVi San Lázaro sentimos profundamente o ocorrido e a dor das familias, que compartimos.

2. Tardou a autoridade sanitaria en reaccionar e dotar de probas?

Desde o principio reaccionouse de forma rápida xa que o tempo é fundamental ante este tipo de caso, e todos os profesionais do centro, sen excepción, implicámonos desde un primeiro momento en resolver a crise, sempre baixo as indicacións da autoridade sanitaria do Sergas.

Os primeiros días foron moi laboriosos, pero todos traballamos con enorme profesionalidade para proporcionar os coidados que requiren os nosos residentes. Coidamos a persoas maiores e iso levámolo no ADN. Neses días traballamos unidos como unha piña.

Independentemente diso, procedemos a ampliar o persoal contratando auxiliares, médicos ou enfermeiros para garantir as necesidades de coidados de todos os residentes e sempre baixo as indicacións da autoridade sanitaria.

3. Como foi a coordinación co SERGAS?

Tal e como indicaba antes, durante a aparición dos primeiros casos informouse as autoridades sanitarias, ao Área Sanitaria, e mantívose un contacto permanente desde ese momento con elas, coordinándonos e organizando todos os procedementos e todas as actuacións.

4. Cal é a situación actual?

Hoxe o centro está libre de coronavirus. As visitas comezaron o luns 15 de xuño con todas as medidas de seguridade marcadas polos protocolos de prevención de DomusVi e os das autoridades sanitarias. A apertura do centro abre unha xanela á esperanza e a normalidade. Para nós e para os familiares é un momento moi especial, de reencontro e de afecto. As familias levan tres meses sen verse e todos estamos moi ilusionados.

Estes días están a ser moi especiais para nós. Días de emoción e alegría. Para os familiares, para os residentes e tamén para nós, os traballadores de DomusVi. Non son posibles os abrazos, por seguridade, pero as palabras e os xestos foron hoxe os nosos abrazos. Notabamos o agarimo.

Ademais, os traballadores de DomusVi sentimos agradecidos porque As familias recoñeceron en todo momento o esforzo realizado por todos os traballadores de DomusVi e agradeceron que coidásemos dos seus seres queridos.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE