Conseguen estabilizar o incendio de Barreiros que arrasa unhas 80 hectáreas, sobre todo de eucalipto

Aínda que houbo que desaloxar a varios veciños por precaución, estes volveron ás súas casas para pasar a noite. cinco brigadistas resultaron feridos.


|

Un bomberos en las labores de extinción de un incendio en Barreiros, a 14 de septiembre de 2024, en Barreiros, Lugo, Galicia (España). Cinco brigadistas han resultado heridos cuando participaban en las labores de extinción del incendio que permanece activ
Foto: EP


A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia deu por estabilizado esta mañá o incendio en Barreiros que afectou principalmente á parroquia de Xusto de Cabarcos, en Vilamar, e que se estendeu a Celeiro de Mariñaos despois de iniciar pasadas as 16.00 horas da tarde deste domingo.
 


Segundo as estimacións provisionais, o lume arrasou un total de 80 hectáreas e obrigou a cortar nalgún momento a circulación da A-8 e da N-634, que foron abertas pouco despois, aínda que se recomenda precaución pola presenza dos equipos de emerxencia nas vías.

Así mesmo, houbo que desaloxar a varios veciños, que non chegaron á decena, pola proximidade das chamas, aínda que estas non alcanzaron as casas, polo que non houbo que lamentar perdas de construcións nin máis feridos depués do cinco brigadistas que foron evacuados ao Chuac en estado grave con queimaduras de segundo grao.

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, explicou que as persoas evacuadas durante a tarde "por precaución" volveron durmir a maioría ás vivendas. Ademais, durante a noite as brigadas continuaron traballando de forma continuada abrindo gabias para evitar a progresión do lume, que se estendeu con rapidez entre os numerosos eucaliptos da zona "ata que a chegada da choiva axudou a estabilizar a situación".
 

Un bomberos en las labores de extinción de un incendio en Barreiros, a 14 de septiembre de 2024, en Barreiros, Lugo, Galicia (España). Cinco brigadistas han resultado heridos cuando participaban en
Un bombeiros nos labores de extinción dun incendio en Barreiros, a 14 de setembro de 2024, en Barreiros, Lugo, Galicia


Para a súa extinción mobilizáronse 32 brigadas, 24 axentes e 4 técnicos en canto a efectivos, ademais de 28 motobombas, catro pas, 2 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 3 avións.
 


Desde o Concello de Barreiros manifestaron o seu agradecemento "ao inmenso labor dos brigadistas, persoal de extinción e demais efectivos que traballan arreo para controlar as chamas e por suposto, desexarlles unha pronta recuperación aos 5 birgadistas da unidade helitransportada de Castromaior que onte resultaron gravemente feridos".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE