Familiares denuncian a Xosefina Fernández, a CEO de DomusVi que ata hai pouco recibía premios de mans da Xunta

As denuncias afectan a 42 xeriátricos de Galicia con casos de COVID-19, á CEO de DomusVi de España e a dous cargos da Xunta

|

Xa hai denuncias contra 51 residencias galegas, varios cargos da Xunta -incluído o presidente- e algúns directivos, como Xosefina Fernández, quen este decembro recibiu un premio de mans do conselleiro de Economía, Francisco Conde, e en 2016 outro de mans do propio Feijóo. Das 3 residencias intervidas en Galicia, dúas son de Domus Vi, que ten tres centros entre o catro máis afectados no país. 


Xosefina Fernu00e1ndez do brazo de Feiju00f3ou ao recibir un premio da Confederaciu00f3n de Empresarios de Galicia

Acto de entrega da Medalla de Ouro do Círculo de Empresarios de Galicia  a Xosefina Fernández (entón Conselleira Delegada de Geriatros), por parte  do residente da Xunta de Galicia  en 2016


A Fiscalía Superior de Galicia sumou varias denuncias presentada pola Federación Galega de Asociacións de Usuarias e Familiares de Usuarias de Residencias (REDE) ás dilixencias preprocesales civís que xa mantiña abertas en centros de maiores no contexto da crise do coronavirus.

Así o ditou o Fiscal este luns nun decreto no que traslada a incorporación desta denuncia ás diversas Fiscalías Provinciais e de Área, que son as encargadas de realizar o seguimento exhaustivo dos xeriátricos, tanto públicos como privados, por indicación da Fiscalía Xeral do Estado.

Desta maneira, a estes contactos que o Ministerio Público viña facendo, súmanse polo menos tres denuncias penais presentadas o pasado luns polo presidente do colectivo cangués Vellez Digna e á súa vez secretario de REDE, Francisco Xosé Bernárdez Solla.

En concreto, unha destas denuncias está dirixida a un total de 42 xeriátricos da Comunidade galega que contan con casos de COVID-19, mentres que outra acusa unicamente os centros do Grupo DomusVi e, máis directamente, ao seu CEO en España, Xosefina Fernández Miguélez.


Screenshot from 2020 04 20 18 13 29



A CEO de Domus VIN Xosefina Fernandez , de vermello, recollendo o premio de de a Asociación Española de Directivos (AED) que lle entregou o conselleiro de Industria Francisco Conde acompañado da secretaria xeral de Igualdade López Abella e de Santalices, presidente do Parlamento, nun acto este decembro 


A estas dúas súmase unha terceira contra o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidadede a Xunta, Ildefonso de Cámpaa Montenegro; o subdirector xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais, Fernando González Abeijón; e contra a xefa de Inspección de Maiores e Discapacitados, Berta Bicada. A eles, REDE acúsalles de delitos de denegación de auxilio, abandono, omisión de socorro con resultados de mortes e lesións, de forma dolosa e con prevaricación.

Ademais, as tres denuncias rexistradas ante Fiscalía, con data ao 13 de abril, solicitaban que se enviase á policía xudicial aos centros para comprobar se cumpren os protocolos, a solicitar probas dos delitos denunciados e a tomar declaración aos traballadores e familiares dos usuarios.

Agora, estas denuncias de REDE foron remitidas ás Fiscalías Provinciais e de Área, explican fontes do Ministerio Público, "para que as incorporen" ao seguimento que xa realizaban para solicitar información "sobre a situación de cada centro, persoas falecidas, medidas adoptadas para evitar propagación, seguimento de protocolos, situacións de necesidade expostas e calquera outra información que as direccións consideren oportuno transmitir".

NON IMPLICA DILIXENCIAS PENAIS
Esta incorporación ás dilixencias civís dáse con independencia de que "poidan incoarse futuras dilixencias penais", aínda que neste caso non ocorreu, como si pedían os familiares dos usuarios.

Ademais, indican estas mesmas fontes, esta actuación tampouco pecha a porta a que haxa novas denuncias "se se entende que hai novos indicios ou informacións" que Fiscalía deba coñecer.

De acordo co último balance ofrecido pola Consellería de Política Social, con datos actualizados a última hora deste domingo, os xeriátricos galegos contan con 843 usuarios e 340 traballadores que se contaxiaron de coronavirus.

Ademais, ata o momento morreron 103 maiores con COVID-19 no interior dos centros e outras 98 vítimas están relacionadas con eles --faleceron ben en hospitais ou ben en residencias integradas--.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE