A Fiscalía arquiva demanda contra DomusVi Barreiro (Vigo) e a Xunta, unha das interpostas pola xestión do coronavirus en residencias
A Fiscalía de Área de Vigo arquivou a semana pasada a investigación pola xestión da pandemia en DomusVi Barreiro. Así figura nun decreto do ministerio público ao que tivo acceso Galiciapress.
A Fiscalía de Área de Vigo arquivou a semana pasada a investigación pola xestión da pandemia en DomusVi Barreiro. Así figura nun decreto do ministerio público ao que tivo acceso Galiciapress.
O fiscal non aprecia "indicios de responsabilidade penal nin doutro tipo nos organismos intervenientes". A dirección da residencia desta empresa, cargos do SERGAS e de Política Social estaban no punto de mira desta acción xudicial.
Entrada a DomusVi Barreiro Vigo nunha imaxe de Google Street View
PRECEDENTE PARA OUTRAS DEMANDAS?
Este arquivo é significativo tanto para o caso do centro vigués como o de outras residencias galegas. Hai que lembrar que todas as fiscalías de área e provinciais de España teñen abertas dilixencias previas sobre as residencias, por orde da Fiscalía Xeral do Estado.
Agora ben, o fin desta investigación non implica necesariamente que as outras en marcha teñan necesariamente o mesmo destino. De feito, fontes dos familiares consultadas por Galiciapress estiman que a demanda arquivada non estaba todo o ben perfilada que debese, pero que se preparan outra serie de accións xudiciais máis concretas.
O sindicato CIG criticou publicamente a decisión do Fiscal de Área de Vigo. A central sinala que DomusVi Barreiro Vigo sae indemne por agora a pesar de que "desde o minuto uno da pandemia interpuxemos múltiples denuncias ante a Inspección de Traballo, Consellería de Sanidade e Fiscalía por falta de medidas no centro".
CASE UN 70% DE CONTAXIADOS
DomusVi Barreiro foi unha das tres residencias que a Xunta interveu administrativa, debido a que apareceron centos de contaxiados. Dos 151 anciáns na residencia DomusVi Cangas, polo menos 105 foron infectados. Polo menos 32 persoas faleceron alí, segundo as cifras oficiais, que non contabilizan os decesos en hospitais dos residentes trasladados.
Escribe o teu comentario