Folga no comercio de alimentación: sen incidencias e "seguimento masivo" desde os supermercados

O persoal reclama un convenio "digno" con avances en "dereitos laborais e salariais".


|

GwJGPiqWQAALZ6g
Foto: CIG

 

Os sindicatos CIG, UXT, CC.OO. e USO convocaron este venres a miles de traballadores do sector do comercio de alimentación na provincia da Coruña a sencundar unha folga que contou, segundo din os sindicatos, cun "seguimento masivo" e que se desenvolveu sen incidentes nunha xornada que tivo en Santiago de Compostela a principal mobilización.

 

 

PROTESTAS

Centos de traballadores levaron as súas protestas até a Praza de Praterías, na capital galega, onde entoaron consignas en defensa dun mellor convenio onde se recoñeza "o esforzo diario dos persoais e permita avanzar en dereitos laborais e salariais".

 

Santiago non foi o único lugar con protestas, pois A Coruña, Ferrol ou Ribeira foron outras localidades onde se deron concentracións e manifestacións, ademais de reportar piquetes nalgúns establecementos. "Nas plataformas de distribución non entraron nin a traballar e nas tendas están con algunha caixa", detallan desde as centrais sindicais.

 

Huelga alimentaciu00f3n
Foto: EP

 

A protesta ten lugar chega tras meses de negociación "sen interese da patronal", acusan os sindicatos, que censuran o "inmovilismo" dos empresarios, que bloquean un pacto, segundo a súa tese, pola mellora das condicións laborais e salariais de miles de traballadores. 
 

 

 

Así, reprenden á patronal por "#negar a asumir propostas que permitan recuperar poder adquisitivo, avanzar na conciliación ou mellorar unhas condicións laborais cada vez máis deterioradas nun sector esencial", que busca cristalizar subidas salariais do 10% para 2026, 4,5% para 2027 e 4% para 2028, "en todos os casos con cláusula de revisión salarial atendendo ao IPC real", entre outras cuestións. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE