DomusVi, con 62 mortos por coronavirus nas súas residencias galegas, busca captar 115 millóns para seguir crecendo
Geriavi é matriz da cadea de xeriátricos DomusVi, triste coprotagonista da crise do coronavirus. Tres dos seus centros (Cangas-Aldán, Vigo-Barreiro e Santiago-San Lázaro) están entre as residencias con máis mortes en Galicia.
Geriavi é matriz da cadea de xeriátricos DomusVi, triste coprotagonista da crise do coronavirus. Tres dos seus centros (Cangas-Aldán, Vigo-Barreiro e Santiago-San Lázaro) están entre as residencias con máis mortes en Galicia.
En plena crise do covid-19, a multinacional as residencias de anciáns busca gañar músculo financeiro. Como recolle o Rexistro Mercantil este mércores 13 de maio, Geriavi SA activa unha emisión de obrigacións por valor de 115 millóns.
Josefa-Isabel Fernández Miguelez, conselleira delegada de Geriavi, recibindo en decembro un premio de mans do conselleiro Francisco Conde
Geriavi é a principal sociedade española do grupo francés DomusVi, que controla máis de medio centenar de empresas que operan tanto en España como noutros cinco países.
Segundo o publica o Rexistro Mercantil deste mércores, busca financiarse con 115 millóns en obrigacións.
A estes 115 millóns de nova débeda emitida, habería que engadir a ampliación de 7,69 millóns que xa realizou o 17 de febreiro, xusto cando o coronavirus estaba a piques de arrasar as residencias de media Europa.
BENEFICIOS MILLONARIOS
Segundo relata hoxe Economía Dixital de Galicia, o grupo estaba facendo un gran negocio, con un beneficio antes de impostos de 22,3 millóns de euros en 2018. Agora ben, a matriz Geriavi está a perder uns 9 millóns de euros ao ano, en parte debido ás súas compras de activos.
Esa política de expansión levoulle, entre outros moitos investimentos, a quedar coas residencias de anciáns que no seu día financiasen os galegos cos seus aforros a través das defuntas caixas provinciais.
Unha expansión cuxo futuro agora está no aire, golpeada polo coronavirus e a presión social para un cambio de modelo nas residencias de anciáns.
MÁIS DE 60 FALECIDOS NOS DOMUSVI DE GALICIA
62 residentes dos seus centros en Galicia han perdido a vida vítimas do coronavirus. É probable que a firma teña que dar explicacións nos xulgados. Por exemplo, con a investigación por parte da Xustiza pola morte de 20 dos 142 anciáns da residencia DomusVi en Cangas.
Segundo os datos publicado onte por Política Social, o centro DomusVi de Barreiro, en Vigo, é aínda día de hoxe o principal foco da Covid-19 en Galicia, con 30 maiores como casos activos. O xeriátrico de Cangas conta con 20 residentes nesa situación, ademais de 11 traballadores.
Traballadores que, por certo, levaban alertando da falta de medios moitos meses antes da chegada da epidemia.
Protesta das traballadoras pontevedresas de DomusVi fronte á sede da Xunta en Vigo en 2019
Os centros de Cangas e Vigo foron intervidos pola Xunta. Non foi o de San Lázaro (Santiago), a pesar de acumular tamén ducias de falecidos.
Escribe o teu comentario