Familiares alertan que faltan enfermeiras en DomusVi San Lázaro, residencia con 53 falecidos, e a empresa négao
Fontes de Rede en Santiago de Compostela alertan que DomusVi San Lázaro "non ten enfermeiras suficientes para dar servizo aos seus residentes". Suposta falta de persoal que, en declaracións a Galiciapress, negan fontes oficiais da residencia, unha das máis golpeadas polo coronavirus, con 53 mortos.
Fontes de Rede en Santiago de Compostela alertan que DomusVi San Lázaro "non ten enfermeiras suficientes para dar servizo aos seus residentes". Suposta falta de persoal que, en declaracións a Galiciapress, negan fontes oficiais da residencia, unha das máis golpeadas polo coronavirus, con 53 mortos.
Desde o colectivo de familiares e traballadores de residencias, "están a volver ás prácticas anteriores á pandemia, durante a noite non hai enfermeiras nos centros, como en Aldán, como neste caso en Santiago e en moitos máis; pero é moi difícil decatarse, porque non temos acceso aos centros". En DomusVi Santiago as visitas dos familiares seguen limitadas a un día á semana.
Asilo de DomusVi en San Lázaro
VERSIÓN DA COMPAÑÍA
"Estás baixas xa foron cubertas e en ningún momento afectaron o cumprimento dos cocientes de atención directa fixados pola administración autonómica" responden portavoces do grupo DomusVi consultada por Galiciapress.
Desde a compañía, admiten que tres enfermeiras xa non traballan en San Lázaro, pero indican que "optaron por cambiar de traballo e aceptar a recente Oferta Pública do SERGAS". DomusVi nega as "desavinzas coa dirección" ás que alude Rede.
En todo caso, a compañía asegura que o cadro de persoal de enfermeiras e médicos que marca a Xunta e que, ademais, "conta cun médico permanentemente de garda para cubrir necesidades extraordinarias que poidan acontecer".
A Xunta TEN ABERTOS DOUS EXPEDIENTES A RESIDENCIAS
Non é a primeira vez que desde Rede alértase de falta de persoal en residencias de DomusVi, incluso unha vez superada a primeira onda do coronavirus. O encargado de vixiar que haxa persoal suficiente é a Xunta.
A Consellería de Política Social abriu antes da pandemia un expediente a DomusVi por falta de enfermeiras, pero foi por carencias detectadas varias veces noutra residencia, en Ribadumia.
Ademais, a Xunta confirmou que tamén abriu expediente sancionador polas deficiencias descubertas durante a pandemia na nosa Señora de Fátima do Barco, unha dos tres centros que tivo que intervir administrativamente, xunto a DomusVi Aldán Cangas e DomusVi Barreiro Vigo.
Escribe o teu comentario