Ningún positivo máis en Domus Vi Matogrande (A Coruña) e familiares alertan de "sedación ata a morte" en residencias do grupo
“Non vou reproducir os cualificativos empregados polas familiares das vítimas nas redes privadas de comunicación, sobre todo referidos á marca DomusVi, pero a indignación chegou ao seu teito de cristal”, afirma Paulino Campos. O portavoz de Rede asegura que “os malos desta película de terror teñen que saber, que coa compaña ou sen ela da Xustiza e do Parlamento, os familiares, e o movimento social ao rededor das residencias, da dependencia e dos servizos sociais, non darán respiro na busca da verdade e da xustiza, e dun cambio radical do modelo mercantilista imperante que vulnera sistematicamente os dereitos humanos dos anciáns e dependentes e os dereitos laborais das traballadoras, e que en moitas ocasións os relatorios que nos chegan, como este último duns médicos de DomusVi en Galicia, sitúannos máis preto dunhas prácticas xenocidas que dun sistema asistencial digno e humano”.
Boas noticias chegan hoxe desde a residencia de anciáns de Matogrande. A empresa DomusVi informa a Galiciapress que "tras a realización, onte luns, das probas PCR ao resto de residentes e traballadores, o resultado foi negativo en todos os casos".
O centro da Coruña segue pois con tres positivos de coronavirus confirmados. A semana pasada descubriuse un contaxiado ao trasladalo ao hospital por outra enfermidade e facerlle unha PCR por precaución. Posteriormente, todos os traballadores e residentes do seu módulo sometéronse á proba. Dous anciáns deron positivo.
Entre os familiares reinaba a lóxica preocupación ante a sospeita de máis contaxiados noutros módulos. Afortunadamente, todas as probas do luns deron negativo.
"A situación no centro continúa estable, cun residente positivo no hospital e os outros dous asintomáticos e con serología que mostra anticorpos, o que indica que, con prudencia, son potencialmente non contaxiosos e xa superaron a enfermidade", aseguran portavoces oficiais.
Así as cousas, os residentes do módulo afectado seguen confinados nas súas habitacións. Nos outros módulos non hai nin saídas nin visitas, pois o SERGAS prohibiunas, ao fío do importante repunte do COVID-19 na Coruña.
REDE FALA DE "PRÁCTICAS XENOCIDAS" EN DOMUS VI
Por outra banda, DomusVi segue sendo foco dos ataques dos colectivos de familiares. Rede, a agrupación galega de familiares e traballadores, reclama á Fiscalía "dilixencias de oficio para delimitar os testemuños de médicos que falan de prácticas delituosas nas residencias de DomusVi en Galicia con resultado de decenas de mortes". En particular, a asociación cita "a sedación sistemática de anciáns ata a morte".
“Non vou reproducir os cualificativos empregados polas familiares das vítimas nas redes privadas de comunicación, sobre todo referidos á marca DomusVi, pero a indignación chegou ao seu teito de cristal”, afirma Paulino Campos.
O portavoz de Rede asegura que “os malos desta película de terror teñen que saber, que coa compaña ou sen ela da Xustiza e do Parlamento, os familiares, e o movimento social ao rededor das residencias, da dependencia e dos servizos sociais, non darán respiro na busca da verdade e da xustiza, e dun cambio radical do modelo mercantilista imperante que vulnera sistematicamente os dereitos humanos dos anciáns e dependentes e os dereitos laborais das traballadoras, e que en moitas ocasións os relatorios que nos chegan, como este último duns médicos de DomusVi en Galicia, sitúannos máis preto dunhas prácticas xenocidas que dun sistema asistencial digno e humano”.
Escribe o teu comentario