Como adiantou Galiciapress o luns, hai días que o número de novos casos superara o límite fixado polo propio SERGAS para poñer a área en alerta vermella e tomar medidas extra
A sala Inn Club, un dos centros do lecer nocturno coruñés, pecha temporalmente. Faio por responsabilidade, tras contastar que un grupo de clientes non parece disposto a cumprir coa obrigación de levar máscaras e outras medidas contra o coronavirus. Infractores que non son os máis novos, din, senón sobre todo maiores de 30.
Dos 150 contaxiados que hai na área sanitaria, 49 son do foco xurdido dun ximnasio e unha discoteca. O SERGAS destaca que os positivos deste rebrote están a baixar, aínda que se manteñen os aparentemente non relacionados con el.
Os casos activos incrementáronse en 28 en Galicia este sábado e a comunidade volve superar os 300, máis dun terzo dos cales corresponden á área sanitaria da Coruña, onde o brote relacionado cun ximnasio en Meicende, Arteixo, acumulaba o venres 25 contaxios, de acordo cos datos facilitados pola Consellería de Sanidade.
A marca deportiva contará cunha tenda deste tipo, a primeira da firma alemá no norte de España, na superficie comercial herculina.
O coronavirus segue acelerando en Galicia. Os datos deste domingo son malos, cos casos activos á alza en todas as áreas sanitarias salvo Ourense e Ferrol. A situación é especialmente preocupante na Coruña e Lugo. O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 217, dos cales 59 son da área da Coruña, 85 de Lugo, 6 de Ourense, 19 de Pontevedra, 35 da área de Vigo, 13 de Santiago, e ningún de de Ferrol.
Segundo un comunicado do club, o seu estado "non é grave e decidiuse trasladalo por precaución".
A plataforma, ao fío das moitas convocatorias que se fixeron en toda Galicia para protestar contra lle entidade bancaria, anuncia que secunda estas chamadas á mobilización.