​(VÍDEOS) As espectaculares manobras duns cazas que deixaron sorprendidos a veciños e turistas na Coruña

|

Unhas manobras militares das forzas aéreas deixaron asombrados a todos os que se atopaban onte na Coruña e, máis concretamente, preto da Torre de Hércules.


Moitos dos que presenciaron as acrobacias rexistraron o momento cos seus teléfonos, xa que nalgunhas das manobras os avións pasan realmente preto do monumento coruñés.



A velocidade e especialmente o ruído que producen os cazas F-18 sobresaltou onte a máis dun que, ao levantar a vista ao ceo, quedou cegado por habilidade dos pilotos, que realizaron voos a baixa altura.




Ante a inquietude dos veciños o propio aeroporto herculino saíu ao paso das especulacións e confirmou que, aínda que ver ás aeronaves tan preto da cidade é moi pouco habitual, só tratábase dunhas prácticas.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress