Un problema urbano: A cidade da Coruña acumula o 70% dos positivos da súa área e o 40% dos de Galicia

O Concello da Coruña poñerá en marcha nos próximos días o novo plan de choque de limpeza, segundo informou tras asinar este venres a alcaldesa, Inés Rey, e o presidente da Deputación coruñesa, Valentín González Formoso, o convenio polo que a empresa Tragsa acometerá esta actuación.

|

Dos 618 casos activos de coronavirus na área sanitaria, a inmensa maioría, case o 70%, están no concello da Coruña. A cifra ilustra que a extensión do virus é moi desigual na comarca. Hai concellos, como Bergondo, que aínda non rexistrou ningún caso. Noutros, como Carral ou Abegondo, os positivos son moi poucos, a penas 2.






Outro indicador que mostra que é sobre todo un problema urbano é o da incidencia acumulada. Mentres que na cidade é de 175 casos por cada 100.000 habitantes, na área sanitaria, que se estende ata Fisterra, é moito menor, 110.





Por tanto, se o SERGAS decide finalmente confinar algúns municipios, é probable que non toda a área sanitaria, nin sequera toda a comarca sufra as consecuencias en igual medida. 


Por agora, o comité de expertos da Xunta reuniuse esta mañá sen adoptar novas restricións. En teoría, o vindeiro mércores, revisará as vixentes aínda que, vistos os malos datos destes días, non se descarta que o faga antes. 


Hai que ter en conta que os 428 casos activos da cidade da Coruña supoñen o 40% dos 1.053 de toda Galicia, a pesar de que a urbe achega o 9% da poboación do país.


MALAS CIFRAS HOXE, AÍNDA QUE UN POUCO MENOS MALAS QUE As DE ONTE

Por agora, a evolución do foco non convida demasiado o optimismo. Os 86 novos diagnósticos de hoxe  non son o récord, pero están moi preto del, os 92 de onte. 




Atendendo á media móbil a sete días, o indicador que mellor nos mostra a tendencia da epidemia,  os contaxios detectados na área están a subir case un 20% cada día. Afortunadamente, o aumento de hoxe é un pouco menor ao desa media, o 13%. Haberá que esperar uns días, iso si, para saber se esta lixeira desaceleración consolídase.





O que é máis preocupante na Coruña é o índice de positividade. Leva polo menos dous días en torno ao 11%, segundo pública o doutor Luís Vázquez, responsable dun dos principais laboratorios hospitalarios da urbe. A OMS indica que o 5% é o valor máximo de referencia para estimar que un brote pode estar controlado.


O presidente da Xunta prometeu onte "multiplicar" o número de PCRs na comarca, con cribados a certos sectores, como os mozos. Onte o SERGAS realizou 772 PCRs alí. 


MEDIDAS DE LIMPEZA

Por outra banda, o Concello da Coruña anuncia que poñerá en marcha nos próximos días o novo plan de choque de limpeza, segundo informou tras asinar este venres a alcaldesa, Inés Rey, e o presidente da Deputación coruñesa, Valentín González Formoso, o convenio polo que a empresa Tragsa acometerá esta actuación.

O traballo comezará cunha primeira fase de 256.000 euros e 30 días de duración, en que se empregarán dez vehículos máis e nos que desenvolverán as súas tarefas un total de 21 traballadores. Non haberá quenda de tarde nin nocturno para evitar os ruídos da maquinaria.

A alcaldesa sinalou que, con esta actuación, garantirase "unha mellor salubridade". "Co novo contrato, o concello realizará un maior esforzo nas zonas cunha alta densidade de poboación e coordinará o labor do equipo contratado para a limpeza co do persoal traballador dos servizos comúns para que o plan adquira unha maior profundidade", afirma o concello.

Respecto diso, indica que se atenderá á posta a piques de elementos como as marquesiñas e os pavimentos, nos que se actuará nas manchas, malas herbas e na sucidade en xeral. Tamén se realizará un baldeo con desinfectante das rúas e actuarase en localizacións concretas afectadas pola falta de hixiene ao concentrar unha cantidade excesiva de residuos.

Pola súa banda, o presidente da Deputación coruñesa afirmou que o convenio asinado é un "exemplo de colaboración" e expresou a súa satisfacción por que o organismo provincial sexa "un instrumento útil" para servizos esenciais deste tipo.

EcuJG casos activos de coronavirus en concellos da comarca da coru a



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE