A Xunta exponse pechar parques e praias a medianoite na área da Coruña pola evolución do coronavirus

A Consellería de Sanidade confirmou que non vai adoptar "polo momento" novas medidas restritivas na loita contra a Covid-19 nos concellos da área sanitaria da Coruña, "onde a situación é especialmente preocupante".

|

A Consellería de Sanidade confirmou que non vai adoptar "polo momento" novas medidas restritivas na loita contra a Covid-19 nos concellos da área sanitaria da Coruña, "onde a situación é especialmente preocupante".


Proba de PCR a colectivos especialmente expostos

Esta, informa, foi unha das conclusións da reunión do subcomité clínico de expertos sanitarios que tivo lugar este luns e que comunicou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, a os alcaldes e alcaldesas da Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

Así mesmo, o subcomité clínico puxo especial atención na necesidade de cumprir as medidas nos centros cívicos municipais para protexer á poboación maior e recomendou o peche de praias e parques a partir de medianoite "para, deste xeito, evitar reunións e botellóns".

Ademais, o conselleiro destacou a importancia que ten a colaboración de todos estes concellos para controlar e vixiar que se cumpran as medidas actuais fronte a pandemia da Covid-19 na área sanitaria coruñesa, cuestión que trasladou aos rexedores municipais.

"Fixo especial fincapé na necesidade do estrito cumprimento do peche dos establecementos de lecer nocturno, lembrando que a hostalería fixou o seu peche ás doce da noite", informa a Consellería.


MESMAS RESTRICIÓNS

Por outra banda, confirma que "polo momento" nesta área manteranse as restricións implantadas nos últimos días en relación á prohibición do lecer nocturno; limitación das reunións persoais ata un máximo de 10 persoas e redución do aforo ata o 50% nos comercios e hostalería.

Tamén se mantén a restrición de visitas nos hospitais da área sanitaria, permitíndose un acompañante menor de 70 anos por paciente. Os residencias de maiores continúan con restrición de visitas e saídas de usuarios de residencias e co peche dos centros de día.

Mentres, Sanidade informa que a próxima reunión do comité clínico, onde se avaliarán as medidas e as actuacións para adoptar, está prevista para o mércores.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE