Restricións para Pontevedra e Ponteceso e seguen vixentes en parte da Coruña, Lugo, Santiago, Ourense, Carballo e A Laracha

O goberno galego segue sen confinar ningunha zona, como fixo coa Mariña, pero estende os límites a outras localidades. Ademais, a máscara pasa a ser obrigatoria sempre en todos os ximnasios do país.


|

O goberno galego segue sen confinar ningunha zona, como fixo coa Mariña, pero estende os límites a outras localidades. Ademais, a máscara pasa a ser obrigatoria sempre en todos os ximnasios do país.


Os municipios de Pontevedra e Ponteceso súmanse ás medidas restritivas decretadas pola Xunta para frear a expansión de COVID-19 e que se manteñen unha semana máis nos concellos de Lugo, Santiago, Ourense, Carballo e A Laracha, así como en parte da Coruña.


Ximnasio



MÁSCARAS EN TODOS OS XIMNASIOS
Así o acordou unha reunión do comité clínico de expertos que presidiu este mércores o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e que, entre outras cousas, estendeu a obrigación de utilizar máscara a todos os ximnasios da comunidade e incrementou do 50 ao 75% a ocupación máxima de terrazas en áreas con restricións.

En concreto, os expertos recomendaron estender o uso obrigatorio de máscara de protección en todo momento dentro dos ximnasios a toda Galicia, unha medida que desde a pasada semana xa estaba activa naqueles municipios afectados por restricións, tras detectarse dous brotes vinculados a este tipo de establecementos --uno en Santiago e outro en Arteixo--.

Así mesmo, permitirseá incrementar do 50 ao 75% a ocupación das terrazas naquelas zonas con restricións especiais, onde non está permitido o consumo en barra e o aforo interior de hostalería, restauración, establecementos comerciais ou bibliotecas, entre outros, debe limitarse ao 50%.

Nestas áreas continúan limitadas a un máximo de 10 persoas as reunións en vías públicas ou en establecementos de hostalería, ademais de reducir os aforos de celebracións, lugares de culto e velorios e manter o peche de centros de día e de visitas a residencias.

INCORPORACIÓNS
As restricións mantéñense unha semana máis nos municipios de Santiago, Ourense, Carballo e A Laracha, así como en Lugo, onde o comité decidiu levantar, con todo, as limitacións especiais ao barrio da Milagrosa, que terá as mesmas indicacións que o resto da cidade.


Tamén se mantén en parte da Coruña, aínda que a evolución epidemiolóxica fai que se levanten restricións nalgúns barrios. Tamén saen Arteixo e Santa Comba, e incorpóranse Pontevedra e Ponteceso.

Por outra banda, o Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 da Coruña ratificou este mércores as medidas restritivas de dereitos fundamentais aprobadas pola Xunta o pasado 2 de setembro nos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Abegondo, Bergondo, Carral e Sada para facer fronte á COVID-19. 




O Xulgado do Contencioso-administrativo número 4 da Coruña tamén ratificou as medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do coronavirus nos concellos da Laracha e Carballo, en todos os casos relacionadas co dereito de reunión.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE