Así, alguén de Redondela poderá ir a tanto a Oia, que está en segundo nivel e na súa área, pero tamén ao Grove, que está en segundo nivel e noutra área, Pontevedra. Onde non poderán ir ninguén -salvo por obrigación laboral, médica, etc.- son nos 17 concellos de primeiro nivel, en vermello escuro no mapa, que seguen perimetrados como ata o de agora.Os que máis mobilidade teñen son os concellos en verde, os que a Xunta chama de terceiro nivel.
As áreas sanitarias de Santiago, Ourense, Lugo e Vigo son as que sufrirán menos limitacións, abrindo hostalería en interiores ao 30%. Alivio menor de limitacións para os distritos santiarios da Coruña, Ferrol e Pontevedra, por exemplo poden abrir a hostalería pero só terrazas.
O presidente da Xunta acaba de anunciar que Galicia segue con restricións máximas. Os alivios son por agora mínimos, á espera da seguinte reunión da próxima semana.
A Xunta de Galicia prohibe a partir de mañá a práctica de deporte ao aire libre sen a máscara obrigatoria.
O presidente mantén o toque de queda ás 22 horas, aínda que admite que lle gustaría adiantalo ás 20 horas e pide aos galegos que o cumpran voluntariamente.
Moitos expertos e o principal partido da oposición levan semanas pedindo un confinamento similar ao de primavera. Unha medida de último recurso que a Xunta tenta esquivar, a pesar das cifras nunca vistas.
Son varias as voces que hoxe pediron que se deixe de andrómenas e pida o confinamento canto antes. Por exemplo, o Colexio de Médicos de Ourense pídeo ante o avance "insostible" do virus. O BNG lévao pedindo hai días, agora con máis insistencia.
A Asociación Hostalería Compostela atende a Galiciapress para trasladar o malestar dun sector ao bordo do KO técnico. Con axudas insuficientes dunha administración que deixa de lado á plataforma, critican de “ridículas” as medidas que se aplican a outros sectores mentres se castiga con dureza aos hostaleiros. Ademais, advirten que o Xacobeo tampouco rescatará aos negocios: “Deberían destinar os recursos previstos para a promoción do Xacobeo a salvar as empresas e os postos de traballo”.
O Sergas responde á gran subida do coronavirus tras nadal endurecendo as restricións notablemente. Iso si, por agora non hai confinamento domiciliario nin peche de escolas
Os expertos do SERGAS apostan por máis cautela agora que en Nadal, ante a aceleración do virus tras as festas . Así, ningunha cidade líbrase do perímetro, unicamente Carnota e As Pontes.